FIESTA DE INTERÉS TURÍSTICO
La Festa do Esquecemento calienta de cara al 2027
EXPOSICIÓN PÚBLICA
A Xunta anunciou onte no Diario Oficial de Galicia o trámite de información pública do Plan Básico Municipal (PMB) de San Cristovo de Cea, que a Administración autonómica acaba de aprobar de xeito inicial. O documento someterase a exposición pública desde hoxe por un prazo de dous meses para consulta.
Este plan constitúe un instrumento urbanístico básico que permitirá ao municipio ofrecer capacidade de acollida residencial e económica. O PMB para este concello, que conta cunha poboación de 1.989 habitantes, clasifica un total de 82 núcleos rurais, repartidos en 13 parroquias.
Ademais, contempla tamén un total de 530 elementos de patrimonio cultural, entre os que se atopan 29 Bens de Interese Cultural, ademais de Bens Catalogado coma os 71 arqueolóxicos, 128 arquitectónicos, 301 etnolóxicos e 1 relativo ao Camiño de Santiago. Neste concello existe un único elemento declarado BIC como resultado dunha incoación individualizada: o Mosteiro de Santa María Real de Oseira.
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Urbanismo, está a promover os Plans Básicos Municipais en concellos de menos de 5.000 habitantes que non contan con planeamentos xerais para acadar unha ordenación urbanística responsable e sostible.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FIESTA DE INTERÉS TURÍSTICO
La Festa do Esquecemento calienta de cara al 2027
BUEN COMIENZO
Cea acogió el Encuentro de los Santos Misioneros
Lo último
MEJORES CONDICIONES Y MÁS PROFESORES
Vídeo | Los estudiantes vuelven a tomar las calles de Francia contra los recortes educativos
CON RESPALDO PARA AVANZAR
Luz verde a los nuevos parques eólicos de Coto da Mina y Treboada, en Ourense y Lugo