EXPERIENCIA ACTIVA
Un Samaín cheo de lembranzas en Cea
EXPERIENCIA ACTIVA
A residencia A Saleta de Cea da Fundación San Rosendo vestiuse de memoria e festa para recibir o Samaín, unha xornada pensada para tecer unha ponte entre a antiga tradición celta e as lembranzas dunha vida enteira adicada ós traballos e costumes da terra.
A educadora do centro, María González, explica o sentido íntimo que albergaba a organización deste encontro: “Queríamos festeixar o Samaín dunha forma bastante especial con unha merenda bastante abundante e a típica queimada”.
Nos difuntos non iamos facer festa, pero no entroido para disfrazarse eu era a primeira
A proxección dunha curtametraxe converteuse no fío de luz para viaxar ás orixes máis profundas da celebración. María González engade que a peza “contaba a procedencia do Samaín dos antigos celtas”, un tempo antigo no que a data marcaba “un paso entre o verán e o inverno e un achegamento tamén hacia o mundo dos mortos”.
“Aquí escribimos, pintamos, hoxe temos merenda… a min gústame facer todo”
A preparación da xornada espertou a ilusión de residentes e traballadores ao longo de varias xornadas. Tal e como lembrou a educadora, o equipo levaba “dúas semaniñas preparando, ambientando todo”, un esforzo compartido que incluiu xogos e xestos creativos para acompañar a sesión de cine, cunha merenda temática.
Máis alá do compoñente festivo, estas actividades convértense nun ritual de pertenza e estímulo dentro do centro. A educadora salienta así a importancia de manter vivos os fíos do tempo e o día a día. A celebración de festas coma o Samaín significa tamén un refuxio cálido para “volver a recordar os seus tempos pasados” e avivar os lazos da convivencia, permitindo “crear colaboración entre eles tamén, xuntarse, falar entre todos, tamén que conozcas compañeiras, e pasalo ben”.
Son as voces dos propios maiores as que traen ao presente o contraste entre a festividade actual e o eco do pasado no rural galego. Olimpia Méndez non lembra o Samaín como tal, senón que no seu caso a efeméride que conmemoraban era o Día dos Difuntos, sinalando que “a tradición era velalos na casa” e que a devoción se concentraba en “ir ao cementerio a limpar e puñer as flores”. De festas lembra o Entroido do seu Mugares natal, no que “eu era a primeira en disfrazarme”.
Pola súa banda, José Puime achegou a pegada dunha vida de esforzo constante no campo. Ao lembrar os seus anos de mocidade, explicou con sinxeleza: “Eu o que faía era traballar para comer, para labrar, para andar con os animais”. Agora, na residencia, participa activamente nas actividades e goza da convivencia cos seus compañeiros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EXPERIENCIA ACTIVA
Un Samaín cheo de lembranzas en Cea
BUENAS CIFRAS
Auge otoñal de peregrinos en San Cristovo de Cea
FIESTA DE INTERÉS TURÍSTICO
La Festa do Esquecemento calienta de cara al 2027
BUEN COMIENZO
Cea acogió el Encuentro de los Santos Misioneros
Lo último
EN BUSCA DEL VOTO EXTERIOR
El electorado español en el exterior, terreno de conquista política
LENTITUD BUROCRÁTICA
La odisea de una dentista cubana para ejercer en Ourense