Inteligencia Artificial para empleados públicos en Río

INICIATIVA PIONERA

Río, pionero al ofrecer formación sobre la IA en la administración local. A iniciativa está promovida polo Club do Emprendemento e co apoio do Instituto Nacional de Ciberseguridad (INCIBE)

Publicado: 03 jun 2025 - 09:37 Actualizado: 03 jun 2025 - 09:42

La Casa Consistorial de Río acogerá la formación en IA.
La Casa Consistorial de Río acogerá la formación en IA.

San Xoán de Río dará un paso adiante na modernización das administracións públicas coa celebración da primeira xornada formativa en Galicia centrada no uso da intelixencia artificial (IA) aplicada ao traballo cotián do persoal administrativo. Baixo o título “Ferramentas prácticas de IA para empregados/as de AAPP. De forma cibersegura”, a actividade desenvolverase o mércores 19 de xuño, de 11,00 a 13,00 horas, no salón de plenos do Concello.

A iniciativa, promovida polo Club do Emprendemento e co apoio do Instituto Nacional de Ciberseguridad (INCIBE), enmárcase no programa INCIBE Emprende e está financiada pola Unión Europea a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) con fondos NextGenerationEU. Conta ademais coa colaboración do Concello de San Xoán de Río.

O obxectivo da xornada é achegar ao persoal técnico e administrativo das entidades locais o potencial das ferramentas de IA, empregándoas para facilitar tarefas diarias e mellorar a eficiencia na xestión pública. Así mesmo, abordarase como facer un uso responsable e seguro destas tecnoloxías no contexto institucional.

A formación estará a cargo de José María de la Torre, experto do Club do Emprendemento, quen será o encargado de guiar unha sesión práctica e accesible para todo tipo de perfís. “Non hai que ter medo á IA. Hai moitas ferramentas útiles que poden facilitar moito o traballo diario das administracións, incluso nos concellos máis pequenos”, sinala De la Torre, que aposta por unha transformación dixital inclusiva e ao alcance de todos os territorios.

Durante as dúas horas de duración, os asistentes descubrirán ferramentas concretas que xa poden incorporar aos seus postos de traballo para aforrar tempo, automatizar tarefas e mellorar a atención cidadá, sempre baixo criterios de ciberseguridade. A participación na xornada é gratuíta, pero as prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse previamente.

Contenido patrocinado

stats