PROFUNDA MODERNIZACIÓN
La base aérea Antela recibirá 4 millones para ampliar su capacidad operativa
CONTAMINACIÓN
O concello de Sandiás deu a coñecer onte pola mañá que as análiticas rutinarias da auga da fonte da aldea de Couso arroxaron positivo en nitratos, obligando aos veciños a deixar de consumila.
Felipe Traveso, alcalde do concello, aclarou que a auga conten unha alta carga en nitratos (máis de 50mg), polo que deixa de ser apta para o consumo humano. Si ben o alcalde aclarou que as análiticas da auga de consumo están ben e se pode seguir bebendo da traída, tamén explicou que “os nitratos non desaparecen ainda que se ferva a auga, polo que non se debe cociñar con ela tampouco”.
Hoxe o concello colocará un cartel informativo para dar a coñecer o risco que supón esta auga, non só para os veciños que habitualmente beben e se abastecen dela, senón tamén para os visitantes e os moitos ciclistas que percorren a vía que transcorre ao carón da fonte polo medio da localidade.
“Seguiremos facendo analíticas por se baixaran os niveles de nitratos”, aclarou Traveso, “pero de momento non se pode consumir a auga da fonte ata novo aviso”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PROFUNDA MODERNIZACIÓN
La base aérea Antela recibirá 4 millones para ampliar su capacidad operativa
MELLORA ENERXÉTICA
Máis de 212.000 euros para a cuberta do colexio de Sandiás
MELLORA NO ABASTECEMENTO
Sandiás inviste 70.000 euros na depuradora de Cerredelo
Lo último
FESTAS MARÍA PITA
Concierto de Ángel Stanich
TRES COCHES IMPLICADOS
Una colisión múltiple en Tomiño deja tres heridos, uno de ellos excarcelado