PELIGROSA INCORPORACIÓN
Dos heridos en un accidente de tráfico tras una colisión frontal en la N-525 en Sandiás
MELLORA ENERXÉTICA
As obras para substituír a cuberta do CEIP de Sandiás xa están en marcha. A actuación, na que a Consellería de Educación inviste máis de 212.000 euros, permitirá renovar o tellado do edificio e mellorar a súa eficiencia enerxética. O delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, visitou o centro acompañado do alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, para comprobar o inicio dos traballos.
A intervención inclúe a retirada da actual cuberta de tella cerámica e da base de fibrocemento con amianto para instalar un novo tellado. Ademais, colocarase un illamento de dez centímetros sobre o forxado da cuberta e substituiranse os canlóns e as baixantes por outros de chapa de aceiro galvanizado.
Esta actuación forma parte do Plan de nova arquitectura pedagóxica da Xunta, un programa co que se impulsan obras de mellora nos centros educativos galegos para modernizar as súas instalacións, incrementar a eficiencia enerxética e adaptar os edificios ás necesidades actuais. Durante a visita, Manuel Pardo sinalou que a Xunta ten en marcha 731 actuacións en centros educativos da provincia de Ourense, cun investimento superior aos 60 millóns de euros. Entre elas figuran instalacións fotovoltaicas e actuacións de mantemento.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PELIGROSA INCORPORACIÓN
Dos heridos en un accidente de tráfico tras una colisión frontal en la N-525 en Sandiás
PROGRAMA ROSALÍA
Sandiás ofrece un espazo de diálogo entre mulleres
MELLORAS NAS VÍAS RURAIS
Sandiás renova o firme de tres vías por 49.000 euros
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde