OBRADOIRO CREATIVO
Sandiás celebra o Día da Poesía con Rochi Nóvoa
O Instituto de Agroecoloxía e Alimentación, que forma parte do Campus da Auga da Universidade de Vigo, celebra hoxe pola tarde unha xornada de campo na comarca da Limia, na Finca Antela da Deputación de Ourense, en Sandiás.
A cita será dende as 18,00 horas ata as 21,00 e celébrase para presentar os avances e resultados das investigacións de dous proxectos do Instituto: Agrosus e SoildiverAgro. Estes estudos que se fan na comarca “pretenden dotar ós agricultores de ferramentas para poder facer unha agricultura máis sustentable e que siga sendo rendible economicamente”, explicou David Fernández, presidente do Instituto.
Agrosus traerá os resultados e a demostración dunha grada de púas flexible para o control de malas herbas en trigo como alternativa ós herbicidas. SoildiverAgro porá en valor, grazas ós resultados obtidos, os beneficios da introdución de legumes en rotacións, mediante un itinerario por parcelas de ensaios de diversidade de cultivos. “Son os resultados máis prometedores que temos”, comenta o presidente, “fomos capaces de incrementar as producións e reducir a cantidade de nitrato ó abonar”. Os legumes son un dos cultivos que se recomenda na nova Política Agraria Común (PAC), e nestes estudos substituíuse a plantación de trigo por chícharo.
Tamén se explicarán os resultados da investigación dos efectos das Plantas Trampa, empregadas para reducir os quistes de nemátodos nas patacas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OBRADOIRO CREATIVO
Sandiás celebra o Día da Poesía con Rochi Nóvoa
CONTAMINACIÓN
A auga da fonte de Couso deu positivo en nitratos
RESTAURACIÓN DE ECOSISTEMAS
Veinte alumnos de la UVigo aprenden de la Lagoa de Antela en Sandiás
Lo último
Jugando al Eurotrack Simulator
El streamer Pau Fuentes alucina con el Puente del Milenio en su recorrido por Ourense: "¡Vaya puentecito!"