ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un coche en la N-525, a la altura del acceso a la autovía en Sandiás
OBRADOIRO CREATIVO
O Local Social do Concello de Sandiás converteuse o pasado 18 de marzo, Día Mundial da Poesía, nun espazo para as rimas. A Furgoteca organizou un obradoiro lúdico de poesía para ensinar aos máis novos a xogar coas palabras e desfrutar dos versos. A actividade estivo presentada por Reme Cid e contou coa presenza de Rochi Nóvoa, quen guiou a preto de 20 alumnos do CEIP de Sandiás por un circuíto de “estacións poéticas”.
O obradoiro axudou a que os cativos abandoasen a “lectura pasiva”, fomentando a creatividade e incentivando que “cada persoa que se achegue poida habitar os versos, xogar con eles”, explicou Rochi Nóvoa. Baixo a premisa de que a poesía “percórrese”, a escritora presentou o seu libro “Versos e Lúas” cunha experiencia participativa e lúdica, convertendo o espazo nun itinerario creativo.
Deste xeito dinámico, os cativos adentráronse no mundo da creación poética a través de poemas con obxectos, rimas lóstrego, o haiku xaponés, a poesía sonora, os poemas de cores e un sinfín de actividades -incluídas regueifas- que remataran no centro educativo creando o seu propio poema.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un coche en la N-525, a la altura del acceso a la autovía en Sandiás
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que las obras no quedan a gusto de todos?
MESES TRABAJANDO
Sandiás limpia caminos para prevenir incendios
Lo último