MESES TRABAJANDO
Sandiás limpia caminos para prevenir incendios
Envellecemento activo
A Asociación de Alzhéimer de Ourense (Afaor), en colaboración coa Concellería de Política Social e Participación Cidadá do Concello de Sandiás, ofrecen a cuarta etapa dos “Obradoiros de Psicoestimulación e prevención do deterioro cognitivo” destinados a persoas maiores válidas e/ou con deterioración cognitiva leve. Son de carácter gratuíto e desenvolveranse o longo de 2025, sendo esta a cuarta edición deste proxecto que comezou en 2022. A primeira sesión será o vindeiro venres, 4 de abril, ás 17,00 horas no Local Social de Sandiás. Para inscribirse nos obradoiros debe facerse a través da web ou do teléfono do Concello, e as prazas son limitadas.
Nestes obradoiros traballarase a psicomotricidade a través da estimulación cognitiva, mellorando a memoria, atención, linguaxe e fluidez para achegar un envellecemento activo, tratando de poñer o cerebro a funcionar mediante actividades mentais como o cálculo, o razoamento, memorización e atención. Estas sesións prácticas son de noventa minutos, nas que se traballa de xeito individual e colectivo para mellorar a comunicación interpersoal. Tamén se aproveita para loitar contra a soidade e crear tecido comunitario onde os veciños poidan dialogar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MESES TRABAJANDO
Sandiás limpia caminos para prevenir incendios
PELIGROSA INCORPORACIÓN
Dos heridos en un accidente de tráfico tras una colisión frontal en la N-525 en Sandiás
PROGRAMA ROSALÍA
Sandiás ofrece un espazo de diálogo entre mulleres
Lo último
POLÉMICA LEY DE NIETOS
¿Es la circunscripción exterior la solución al eterno debate sobre el voto emigrante?