BENESTAR EMOCIONAL
Sesión formativa coa Furgoteca en Sandiás
HUMANIZACIÓN
A veciñanza da aldea de Santa Ana, no Concello de Sandiás, xa desfruta da renovación do núcleo da súa localidade, no que veñen de rematar as obras de humanización. Onte pola tarde, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, achegouse a Santa Ana para coñecer o resultado destas actuacións, acompañados do alcalde, Felipe Traveso, e unha delegación de veciños, aos que o alcalde lles agradeceu a “paciencia e colaboración”.
A intervención, que segundo a conselleira “fíxose nun tempo récord”, incluíu a renovación e soterrado dos servizos e a reposición dos pavimentos. As obras foron posibles grazas ao convenio entre a administración autonómica, que aportou o 70% do investimento, e o Concello, que achegou o 30% restante do orzamento, que ascende a máis de 320.000 euros.
“Dende a Xunta temos un obxectivo moi claro: mellorar a calidade de vida dos nosos veciños”, destacou Allegue, apuntando á importancia de apostar por estas intervencións, que son as que melloran as contornas urbanas das vilas, pondo en valor o Plan Hurbe para facilitar a colaboración coas entidades locais para a execución das melloras de contornos urbanos, de accesibilidade e de equipamentos públicos.
Tamén salientou o obxectivo de asentar poboación no rural, para o que é fundamental que as persoas conten con servizos e equipamentos necesarios: os Orzamentos da Xunta do 2026 teñen consignados para a provincia 3,5 millóns de euros en materia de urbanismo. O orzamento global da Consellería para a provincia de Ourense, de 69,34 millóns de euros, dos que 26,44 millóns se destinarán a vivenda. Allegue recordou que as contas autonómicas centran esforzos en impulsar o acceso á vivenda e vertebrar a provincia.
Ourense contará cunha dotación de 38,5 millóns de euros para os novos quilómetros de estradas e manter a conservación e seguridade viaria. O Plan de vialidade invernal contempla case 7 millóns para a provincia e os reforzos de firme, 5 millóns de euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
BENESTAR EMOCIONAL
Sesión formativa coa Furgoteca en Sandiás
TALLER EN SANDIÁS
El arte de engañar a la trucha a través del Club Deportivo O Peixe
ASFALTADO Y DESBROCES
Las parroquias de Sandiás y Piñeira acondicionan sus viales
Lo último
TERCERA FEDERACIÓN
Arranca la era del técnico Agustín Ruiz en el Barco
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Crisis en Barbadás
El PP barbadés se queda por ahora en la oposición
ÚLTIMO TRIMESTRE DE 2025
Foro La Región, referente del debate político, territorial y emprendedor