ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un coche en la N-525, a la altura del acceso a la autovía en Sandiás
BENESTAR EMOCIONAL
Esta semana, a Furgoteca achegouse ao concello de Sandiás para ofrecer un obradoiro no que a educadora Reme Cid achegou aos pais e nais ferramentas para fomentar o benestar emocional dos fillos e a familia.
A educadora propuxo varias dinámicas, centradas en exercicios de respiración e relaxación, actividades de imitación e retos e habilidades no día a día dos cativos. Así, os participantes escribiron os retos dunha banda e as habilidades que lle gustaría que tivesen os seus fillos cando medren, noutra. Tamén se atendeu aos comportamentos que os pais non queren ver nos seus fillos, reflexionando sobre unha educación respectuosa a través do autocoñecemento e a observación e exploración das necesidades emocionais dos fillos. As sesións terán continuidade polo interese dos proxenitores, que xa propuxeron novas temáticas como os límites e os conflitos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un coche en la N-525, a la altura del acceso a la autovía en Sandiás
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que las obras no quedan a gusto de todos?
MESES TRABAJANDO
Sandiás limpia caminos para prevenir incendios
Lo último