ACCIDENTE DE TRÁFICO
Tres personas resultan heridas tras volcar un todoterreno en Sarreaus
POSIBLE CONTAMINACIÓN
Despois de que este xoves un veciño alertara de que a auga dunha zona da lagoa da Antela en Sarreaus se tinguira dunha intensa cor vermella, este venres á mañá axentes ambientais da Dirección Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático en Ourense recolleron mostras, tras unha inspección ocular na que constataron a “coloración inadecuada da auga”.
Malia que aínda se descoñece a orixe do vertido, sospéitase que podería provir dunha vella embarcación, parcialmente afundida, empregada nesta antiga explotación areeira pola empresa Feldespatos Sarreaus, desaparecida hai máis dunha década, e que contiña uns 5.000 litros de combustible que se estarían filtrando á agua, contaminando o medio e o acuífero da Limia.
A situación de abandono da embarcación, coñecida coma o “Prestige da Limia”, xa fora obxecto de denuncias públicas por parte de veciños e formacións como o BNG.
Dado que este episodio se produce nun espazo incluído na área competencial da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), a Dirección Territorial da Consellería “trasladaralle esta cuestión ao organismo”, co fin de que “adopte as medidas oportunas para poñerlle fin no marco das súas competencias”. Ademais, apuntan que no pasado mes de setembro, tras detectarse na mesma zona un vertido de sustancias iridiscentes, xa deran “traslado á CHMS da denuncia efectuada por axentes ambientais”.
Gumersindo Lamas, alcalde de Sarreaus, tamén visitou o vertido e notificou a Seprona, ademais do resto de organismos. Defende que o Concello non ten “competencias nin capacidade” para sacar o barco, apunta á responsabilidade de “Aliseda, que adquiriu os terreos da areeira” e recalcou que Xunta e CHMS deben “arrimar o ombreiro”: “Non me importa de quen é competencia, senón que se solucione”.
Agustín Martínez, voceiro do BNG en Sarreaus, preguntou o venres a Lamas polo vertido durante o pleno, chegando a pedir a súa “dimisión” pola súa “deixadez”, tras lembrar que os nacionalistas xa alertaran da posibilidade dun vertido “no verán”. Lamas replicou que o Concello non é “responsable”, que a Xunta xa dera aviso ao “órgano competente, a Confederación”, e que volverá “notificar a tódolos organismos”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Tres personas resultan heridas tras volcar un todoterreno en Sarreaus
COLABORACIÓN EUROPEA
O CDR Viso analiza con homólogos franceses a ameaza dos lumes
"PRESTIGE DE SARREAUS"
Alerta de posible contaminación por un barco hundido en la Lagoa de Antela
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Tragedia en Zamora: mueren dos adultos y dos menores en una salida de vía en Malva
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy domingo, 1 de noviembre
DESAPARECIDOS EN OURENSE
Localizan a una persona desaparecida en Barbadás caminando en la carretera N-525