POSIBLE CONTAMINACIÓN
Axentes ambientais recolleron mostras do vertido na lagoa de Antela, en Sarreaus
BRASIL E GALICIA
O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso está a participar nunha investigación internacional da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade Federal de Viçosa, en Brasil, chamada “Innovacións Sociais para o Desenvolvemento Rural e a Construcción de Contextos Orientados á Sostibilidade: Experiencia no Semiárido (Brasil) e na Galicia (España)”. A investigación busca analizar e comparar innovacións sociais no desenvolvemento rural nos contextos do semiárido brasileiro e de Galicia, para afrontar os retos rexionais. Neste recente período co CDR O Viso, ó longo do mes de febreiro de 2025, realizáronse entrevistas en liña e un grupo focal, nas dependencias do Centro de día (Lodoselo) para debater as accións da organización.
Un dos voceiros do CDR O Viso, Camilo Vila, explicou que “os centros de desenvolvemento rural son, para estes estudos, unha referencia do aproveitamento das condicións sociais da comunidade e incorporáronnos a nós para facer un estudo 360 do noso traballo, non só dos proxectos que levamos adiante senón tamén da nosa metodoloxía e filosofía de traballo, ademais do noso impacto”.
“Aínda non hai resultados garantidos porque se atopan na fase de discusión, pero si existen correlacións entre as comunidades pola convivencia no medio rural, que de por si ten un nivel de achegamento e convivencia co medioambiente que se repite en tódolos lugares do mundo”, anotou Camilo Vila, ademais de subliñar que “os retos atópanse na sostenibilidade, por exemplo os modos de produción do sector agro-gandeiro cambiaron completamente”. Rematou dicindo que “para nós o máis destacado é que haxa investigacións desta magnitude que poñan o foco en proxectos aparentemente pequenos. Isto quere dicir que os estándares que utilizamos para medilos poden non ser os adecuados. Por iso mesmo, iniciativas pequenas e humildes poden ser referentes en outras partes do mundo. Non só a través de grandes investimentos se consegue a notoriedade, senón tamén con traballo constante de toda a comunidade”. Tamén se analizarán outras dúas organizacións na Galicia, o CDR Ancares e o CDR Portas Abertas para axudar a comparar os rurais galegos e brasileiros e buscar xuntos solucións ós retos futuros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
POSIBLE CONTAMINACIÓN
Axentes ambientais recolleron mostras do vertido na lagoa de Antela, en Sarreaus
O "PRESTIGE" DA LIMIA
A auga da Limia tórnase vermella en Sarreaus
COIDADO DOS MAIORES
O proxecto Coblages apoiase no traballo do CDR O Viso
OLA DE INCENDIOS CONSTANTE
Los fuegos tienen a los vecinos de Codosedo en un “sin vivir”
Lo último
PRAZA DE ABASTOSA
O mercado de Nadal de Celanova, estímulo para o consumo local
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
Mariluz Villar
MUJERES
Hablar con Sophia