Un “congresiño” para loitar contra o despoboamento
Propostas
Os cativos do Concilia Verán do CDR O Viso xuntáronse para debater propostas para solventar esta problemática que afecta a súa comarca.
Nenos e nenas de toda a comarca participaron onte pola mañá no primeiro “Congresiño polo despoboamento da Limia”, que tivo lugar no Centro de Desenvolvemento Rural O Viso.
Estes “especialistas” na materia, fixeron traballo de campo antes da celebración do “congresiño”, para poder falar e esgrimir argumentos sólidos. A cativada dividiuse en varios grupos para realizar diferentes tarefas, entre as que se atopaba quitar fotos por Lodoselo e falar ca xente maior. O “congresiño” estivo presentado por María Lucía, de Xinzo.
Nacementos
A capacidade de síntese que ofrecen os cativos non é cousa nimia, e resumen en poucas palabras situacións que levan sendo obxecto de estudo durante décadas. Uxía, de Trasmiras, apuntou que con tan só 7 anos puido comprobar que “morre máis xente da que nace”, ó que Iago, de Abavides, propuxo unha solución simple, malia que non sinxela, “hai que reproducirse máis”.
Brais e Ismael, de Morgade e Xinzo, fixeron unha recopilación fotográfica da situación das vivendas en Lodoselo, e con 10 e 11 anos, afirmaron con rotundidade que ó quitar as que están xa habitadas e as que están en ruinas, “a poucas casas pode vir a xente vivir”.
Outras das esixencias que os cativos consideran “mínimas” é o acceso ós servizos. Emma, de Xinzo e Lúa, de Lodoselo, con 12 e 8 anos, fixeron fincapé nesta cuestión, afirmando que “é que senón non van querer vir a vivir aquí”.
Como non podía ser doutro xeito, o “congresiño” rematou cunha parte máis lúdica, na que varias cativas recrearon como afectou o despoboamento ó longo dos anos. Logo, Alba de Sabariz cantou, xunto a moitos dos seus compañeiros, o tema “Semente de revolución”, do grupo das Xingras, do que forma parte.
Esta actividade forma parte do programa de sensibilización e concienciación sobre o despoboamento e a necesidade de emprendemento no medio rural, impulsado por Coceder e financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MODA Y TRADICIÓN
Artesanía e investigación se citan en el Paseo de la Lana en A Limia
DÍA MUNDIAL DO TRABALLO SOCIAL
Paula Blanco, traballadora social na Limia: “É fundamental que recuperemos o sentimento de unión e comunidade”
Lo último
La Región
27 de junio
BRÚJULA DIGITAL
El conocimiento de toda una vida también puede vivir en internet
Son “planetas superesponjosos”
Descubren dos planetas gigantes tan ligeros que tienen menos densidad que el algodón de azúcar