O Carballiño disporá de un sistema dixital para ver cine
O actor José García propuxo ás autoridades municipais compralo para as Xociviga do ano 2020
O alcalde en funcións do Carballiño, Manuel Dacal, e a concelleira de Deportes, Silvia Baranda, recibiron onte no concello ao actor francés e fillo de carballiñeses, José García, que acudiu a esta recepción oficial con motivo da celebración das Xociviga. José García transmitiulle aos mandatarios municipais a necesidade de contar co sistema dixital DCP no Auditorio Manuel María para poder proxectar os estrenos e tamén as súas películas que están todas neste formato. Manuel Dacal confirmoulle que esperan dispor do novo sistema para as próximas Xociviga, co fin de atraer público aos estrenos, ao que o actor se prestou a colaborar.
As autoridades municipais agradecéronlle a súa presencia no acto de inauguración das xornadas e a difusión nas redes sociais que está levando a cabo o actor, ao que lle fixeron entrega dunha reprodución da Veracruz, un libro de fotografías, O Cantigueiro de Orcellón e un CD da Pulpeiriña.
Certame
Por outra banda, o xurado de CURTASoPRIMA fallará hoxe os premios deste certame ao que se presentaron 16 curtametraxes. Os premios entregaranse hoxe durante unha sesión que se celebrará no Auditorio Manuel María, a partir das 17,00 horas. Hai tres premios: 1º, 2º e un accésit para a terceira mellor curtametraxe, que recibirán respectivamente 500, 300 e 100 euros, ademais de trofeos (pratos de madeira de pulpo grabados).
Ademais, pola mañá, a partir das 10,00 horas, tamén no auditorio municipal, proxectaranse dúas curtametraxes seleccionadas previamente e que pasan á fase final. O concurso así como o xurado está coordinado por Miguel Grandío, e forman parte do mesmo: Enzo Sarmiento, Ariadna Cordal García, Martincho Martínez, Arturo Montilla e Nerea Ogando.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
REDUCIR LA BRECHA ECONÓMICA
En España el riesgo de pobreza afecta a más de 6 millones de mujeres
ANUNCIO SUS MEMORIAS
Urdangarin no se olvida de Cristina: “La quiero mucho”
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 13 de diciembre
Lo último
SE SOLIDARIZAN DESDE TODO EL PAÍS
Luis Rivera, presidente del Centro Comercial Aberto Ourense Centro: “No podemos perder más músculo comercial”
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
HUELGA SANITARIA
Batas en la puerta del CHUO
ANIVERSARIO
A palabra de Marcos Valcárcel segue viva