Carballiño retorna hoxe ao Medievo na feira da Liorta
FESTIVIDADE
O voo das aves rapaces levará a espectacularidade a unha cita festiva que xa engalana á vila
A Feira medieval "A Liorta" comeza hoxe no Carballiño coa apertura dos postos do mercado, do rincón infantil, da mostra de aves de voo e diversos espectáculos de rúa. A feira desenvolverase durante toda a fin de semana ata a noite do domingo, entre a Praza Emilia Pardo Bazán e a Praza da Veracruz, e ofrecerá espectáculos de animación musical, de circo, de lume, exhibición de aves de voo, combates e representacións teatrais, que se sucederán dende a mañá á noite, cada 20 minutos aproximadamente, na rúa do Paseo, Praza Maior e Praza da Veracruz. Tanto as rúas como os locais de hostalería contarán cunha ornamentación de estilo medieval, con bandeiras e estandartes, así como outro tipo de elementos que retrotraerán á vila á Idade Media.
O programa para hoxe contempla a apertura da feira medieval ás 18,00 horas, cos talleres de oficios, o mercado, o espazo para nenos e diversas exposicións.
Ás 19,00 horas comezarán os espectáculos, cos pasarrúas Los Gascones, o Xigante malabarista e as Circadas. A exhibición de voo das aves rapaces está prevista para as 20,30 horas, na Praza da Veracruz, para continuar a festa con más actuacións musicais nas rúas, o pasarrúas da Morte e o espectáculo Na oscuridade de Circocido pola rúa Curros Enríquez.Para as 23,00 horas está prevista unha actuación no que o lume é o protagonista con Cano Canyon, na Praza Maior.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
RECORD DESCARGAS ELÉCTRICAS
Este domingo cayeron en España más de 83.000 rayos
movilidad laboral
La sanidad privada redefine el mapa de la movilidad internacional