ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 6 de febrero
evento gastronómico
Alocalidade de Barral, en Castrelo de Miño, despedirá na noite de este martes a súa Festa da Anguía tras tres intensas xornadas que os veciños combinaron coas festas patronais da Virxe das Neves. Un evento gastronómico que na súa 25ª edición voltou a convocar a centos de persoas procedentes de toda a provincia e tamén das Rías Baixas e outros puntos de Galicia, que degustaron máis de 1.000 kilos deste peixe saído do río Miño.
A xornada abriuse onte pola mañá cun pasarrúas a cargo da Agrupación Musical da Limia, seguida ó mediodía da tradicional misa solemne e da procesión coa imaxe da Virxe e o acompañamento da mesma banda. Na media tarde, disputouse o partido de máxima rivalidade entre solteiros e casados no campo de fútbol, mentresnas remodeladas instalacións da sede veciñal de Barral comezaron a quentarse as tixolas para fritir as anguías, que foron servidas en racións, cun prezo de 10 euros, ou en porcións de empanada, a 5 euros a unidade.
Xa pola noite, mentres a organización continuaba cociñando e servindo ós comensais que se achegaron ata a explanada do Parque Náutico de Castrelo, á beira do Miño, deu comezo a verbena coa actuación das orquestras Ciclomanía e Espiga. Pero na xornada de hoxe aínda haberá posibilidade de degustar as exquisitas anguías a partires das oito da tarde e poder disfrutar cos acordes do Trío Fussión, que se encargará de amenizar o baile de clausura dos festexos patronais.
A vindeira cita en Castrelo será o vindeiro venres, día 9, co inicio do Ribeiro Wine Blues Festival, que tamén terá coma escenario o Parque Náutico.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 6 de febrero
LA VIRGEN DE LA CUEVA
La borrasca Leonardo "inunda" de memes las redes sociales
PROTECCIÓN A LOS MENORES
Prohibir las redes sociales a menores de 16 en España: lo que falta por saber
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 5 de febrero
Lo último