LA VIRGEN DE LA CUEVA
La borrasca Leonardo "inunda" de memes las redes sociales
Convocatoria de casting
A productora de La Región, Outro, está a buscar concursantes de todas as idades para participar nun novo e interxeracional concurso que se emitirá en la Televisión de Galicia (TVG). Da igual que sexas boomer, da xeración x, millenial ou que encaixes na xeración zeta.
"Xeracións" é un innovador concurso televisivo de 12 episodios máis unha gran final, que celebra e explora as características de catro xeracións que conviven na nosa sociedade. Cada xeración será representada por dous valentes concursantes, e cada episodio contén probas que desafían as súas habilidades e coñecementos.
Buscamos parellas de amigos, familiares ou coñecidos da mesma idade e con moitas gañas de pasalo ben nun concurso divertido, nostálxico e tamén contemporáneo.
Cada entrega centrarase en probas dirixidas ás xeracións máis antigas e máis novas, culminando cunha proba de integración para promover a comprensión e a cooperación entre xeracións. Un xurado de tres especialistas avaliará o desempeño dos equipos e o episodio final enfronta ás dúas xeracións máis destacadas da tempada por un gran premio.
Estarasche a preguntar o premio que está en xogo. Pois a parella que demostre que pertence á mellor xeración gañará un coche.
O obxectivo principal deste concurso é celebrar a diversidade xeracional, fomentar a comprensión e o respeto interxeracional, e proporcionar un entretemento de calidade para tódolos espectadores.
Non o dudes, para participar mándanos un vídeo dos dous falando sobre vós e contándonos o que vos motiva a concursar. Esperamos o vídeo a través do WhatsApp neste número 618 08 93 36 ou a través do correo electrónico tv@laregion.net
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LA VIRGEN DE LA CUEVA
La borrasca Leonardo "inunda" de memes las redes sociales
PROTECCIÓN A LOS MENORES
Prohibir las redes sociales a menores de 16 en España: lo que falta por saber
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 5 de febrero
Lo último