ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 6 de mayo
Dúas corais e dúas rondallas conforman o cartel do XXIV Festival de Habaneras, que organiza o Orfeón do Carballiño e que se celebrará o próximo 5 de agosto, ás 20,30 horas, no Auditorio municipal. Trátase das corais Oihartzuna de Vizcaya e do anfitrión do evento, o Orfeón do Carballiño, ademáis das rondallas Bohemios de Ferrol e Alfaia de Cenlle. Tamén, nesta nova edición renderase homenaxe a Ernesto Lagarón Vidal, presidente da Unión de Asociacións Galegas en Cataluña, polo seu labor de promoción cultural nesa comunidade durante 35 anos.
O festival foi presentado polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández; o presidente e director do Orfeón, Emilio Rodríguez e Christian Casas, respectivamente, e o tamén directivo desta entidade, Francisco Fernández.
Emilio Rodríguez destacou a traxectoria deste certame que comezou no ano 1994 cando quixeron render homenaxe aos emigrantes. O director do Orfeón, Christian Casas, abondou nesta idea aducindo que polo Carballiño xa teñen pasado 58 agrupacións de Venezuela, País Vasco, Asturias, León, Madrid e de toda Galicia, entre outros lugares.
En canto aos participantes deste ano, a Rondalla Bohemios de Ferrol ten 40 compoñentes, e acadou numerosos premios por toda España. A Coral Oihartzuna de Vizcaya está formada por 36 voces mixtas e ten participado nos mellores festivais, acadando moitos premios en diversos concursos. Dase a circunstancia de que membros desta coral permanecerán no Carballiño durante toda a semana grande da Festa do Pulpo. Tamén destacaron a calidade da rondalla Alfaia de Cenlle, unha das poucas que quedan na provincia.
O repertorio do Orfeón da vila consistirá na interpretación de catro habaneras e a estrea da adaptación dunha parte dunha ópera a 7 voces, segundo indicou Christian Casas.
O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, fixo un recoñecemento público ao Orfeón polo traballo que realiza cada ano para encher o auditorio neste festival, así como por promover o nome do Carballiño nas súas viaxes. Nese sentido, Emilio Rodríguez apuntaba que promocionan a vila falando do polbo e da súa festa, dos balnearios e da Veracruz.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 6 de mayo
PRESENCIA DE ZARA
Galería | "La moda es arte": la Met Gala 2026, en imágenes
Lo último
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Fillos da máquina
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
La princesa ilustrada
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 6 de mayo
DERROTA 1-0
El Atlético dice adiós sin coraje en semifinales