EL PRIMERO DESDE 1912
Galicia da comienzo al verano marcado por un nuevo eclipse
audiovisualsabe
Despois da proxección da película "Sempre Xonxa", de Chano Piñeiro, na noite do pasado domingo na Praza Maior, a xornada de este luns das Xociviga do Carballiño iniciouse con dous actos institucionais, coa sinatura dun convenio coa Fundación Carlos Velo, na que participou a presidenta, Carmen Leyte, que lembrou o vínculo do cineasta co Carballiño, ao participar nas Xociviga de 1985.
Ao mesmo tempo destacou o taller de creación que se desenvolverá mediante este convenio, como un impulso para que a xente nova siga no audiovisual.
Marta Villar, comisaria da exposición conmemorativa dos 50 anos de Cine Club, que xa se pode ver no Auditorio Manuel María, destacou a gran cantidade de documentación recopilada, que abarca desde 1969. "Unha xoia do deseño gráfico dos últimos 50 años", apuntou, referíndose aos carteis, programas de man, entradas, libros e ata bonos para a comida dos convidados.
Nos primeiros anos destaca a abundante documentación en papel e na década dos 80 cando irrompe a cor no deseño, mentres que a partir do 2000, coas novas tecnoloxías, xa prevalece o deseño gráfico dixital.
A actriz Iria Sobrado foi a encargada de dirixir a gala de apertura, que tiña lugar a partir das 20,30 horas. Venezuela ten un protagonismo especial nesta edición e o produtor de orixe ourensán, José Sousa, recibía a homenaxe In Memorian OUFF-Xociviga, que recollía a súa filla, Ana Patricia Sousa.
Tamén, con motivo do 50 aniversario de Cine Club foron galardoados coa Insignia de Ouro os seus fundadores: Eduardo Bernárdez, Javier Romero, José María Álvarez, José Luis Cesáreo Gay, Julio Ángel Marqués e Pablo Pedro Paniagua.
A actriz Luisa Merelas subía a continuación ao escenario para recoller o Xociviga de Honra 2019, encargándose as actrices Elina Luaces e Amalia Gómez da Laudatio da homenaxeada.
4Mal Quartet Jazz, grupo de jazz nado no Carballiño, foi o que puxo música a esta gala, interpretando varias pezas. Rematando cunha degustación de produtos ourensáns para os asistentes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL PRIMERO DESDE 1912
Galicia da comienzo al verano marcado por un nuevo eclipse
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 20 de junio
Lo último
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
“Señor das moscas”, de William Golding
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 20 de junio?