Galaxia e Martín Códax, entre os premios da Cultura galega
GALARDONES ARTÍSTICOS
“Aquí tamén se fala” foi a distinguida na categoría de Lingua, e Antón Corral, en patrimonio.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2024 reuniuse onte en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate da mesma, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas.
Na categoría de Letras foi distinguida a Editorial Galaxia. Na de Artes Visuais, a Bienal de Arte de Pontevedra; en Artes Escénicas, a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas; e na de Música, as Bodegas Martín Códax. O galardón do apartado Audiovisual foi para Baños Films. En Lingua premiouse a campaña “Aquí tamén se fala”; en Patrimonio Cultural, Antón Corral; e en Proxección exterior, o programa de radio “Sempre en Galicia”.
Do xurado tamén formaron parte o director xeral de Cultura, a directora xeral da Promoción da Igualdade, María Quintiana; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López; o presidente da Real Academia de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo; a vicepresidenta segunda do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra; e María López Sández, en representación do presidente da Real Academia Galega. Tamén profesionais de recoñecido prestixio, como Esther Estévez, xornalista; Alberto Sueiro, director do Festival Internacional Outono de Teatro; Verónica Santos, directora de Acción Cultural na Fundación Cidade da Cultura; e Andrea González, pianista e directora do festival IKFEM. Ademais, exerceu como secretaria Mª Carmen Calviño, subdirectora xeral de Arquivos e Centros Museísticos da Xunta.
Segundo indicou o goberno galego nunha nota de prensa, con estes galardóns, a Xunta distingue un ano máis a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección do panorama cultural galego, así como o compromiso de proxectos e traxectorias que enriquecen a identidade cultural de Galicia.
“Sempre en Galicia”, que vén de celebrar o seu 75 aniversario, é un programa de radio emitido dende o Uruguai por Radio Oriental os domingos pola mañá. A Editorial Galaxia é outra iniciativa veterana. Foi fundada o 25 de xullo de 1950 e leva editados uns 2.800 volumes, cun catálogo de máis de mil títulos. Entre os seus fundadores estiveron Ramón Otero Pedrayo e Francisco Fernández del Riego.
Pola súa banda, Bodegas Martín Códax mantén unha intensa actividade de mecenado musical. Desde 2013 organiza os Premios Martín Códax da Música, que promoven artistas e proxectos de folk, rock, jazz e xestión musical.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
AMNISTÍA DEL "PROCÉS"
Puigdemont avisa tras el aval a la amnistía: “Hoy no se soluciona el conflicto político”
SEGMENTO PRÉMIUM
El tirón de los grandes yates acelera el mercado náutico español
"BORRAR LA HUEYA DIGITAL"
Galicia tramita una ley pionera contra el acoso y la violencia digital