TELÉFONOS MÓVILES Y CUENTAS BANCARIAS
“NFC inverso”, la estafa técnica que se extiende por los países de Europa
As instalacións polideportivas do municipio de Vilar de Barrio acollerán este venres, día 30 de agosto, un espectáculo de maxia de mans do popular Mago Teto. A actividade está enmarcada dentro do programa "O teu Xacobeo", promovido pola Xunta de Galicia.
Todos os cativos e familias que non se queiran perder esta actuación chea de moita ilusión e sorpresas terán que achegarse ao polideportivo do concello a partir das 19,30 horas.
Baixo o título de "O afiador", o Mago Teto amenizará a tarde do venres cun espectáculo que xirará en torno a unha roda de afiar que foi herdada polo propio mago e que pertenceu, varias décadas atrás, aos seus ancestros.
O de afiador, foi un oficio que tivo o seu máximo apoxeo nos séculos XVIII e XIX pero que, na actualidade, está xa extinguido. As persoas que traballaron como afiadores tiñan que desprazarse centos ou, incluso, milleiros de quilómetros por uns días ou mesmo anos, coa única compañía da súa roda.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TELÉFONOS MÓVILES Y CUENTAS BANCARIAS
“NFC inverso”, la estafa técnica que se extiende por los países de Europa
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
Emilio Muñiz, crónicas dende Tetuán
FENÓMENOS METEOROLÓGICOS
Los incendios pueden generar sus propios eventos climáticos
Lo último
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas