GROENLANDIA E ISLANDIA
Millones de personas disfrutan del eclipse total por todo el planeta
FESTAS DO SAN VITORIO
Tras unha semana cultural previa, integrada por tres días de cine ó aire libre e a troulada que se desenvolveu na medianoite de onte, a localidade de Maside festexa hoxe ó seu patrón, San Vitorio, cun completo programa de actividades relixiosas e de lecer, organizadas polo Concello coa colaboración dos veciños. A alborada correrá a cargo da banda de música de Barbadás, que iniciará o seu pasarrúas ás 10,00 para anunciar o festexo, e tamén protagonizará un concerto na Praza Maior ás 13,30 horas.
A novo templo parroquial de Santo Tomé acollerá ó mediodía una misa solemne cantada pola coral polifónica A Torre, seguida da procesión do patrón polas rúas da vila. Xa polo serán, inaugurarase na Alameda a cuarta edición da Feira Mostra de Artesanía Infantil, onde veciños e visitantes poderán adquirir os artigos e complementos feitos polos rapaces do municipio. As orquestras New York e Catedral amenizarán a verbena a partir das 22,00 horas, cunha parada á medianoite para asistir a un espectáculo pirotécnico.
Mañá, domingo, seguirá a festa cun pasarrúas, ás 10,00, e un concerto, ás 13,30, da banda escola de música do Carballiño, mentres a misa do mediodía vai ser cantada polo Orfeón da vila do Arenteiro. A continuación, sairá da igrexa parroquial a procesión do San Vitorio polo casco urbán, e, tra-lo xantar, reabrirase, ás seis da tarde, a feira dos xóvenes artesáns, que se poderá visitar na Alameda. A programación dos festexos de Maside pecharase cunha gran verbena a cargo da orquestra Tango e a actuación estelar do grupo La Edad de Oro de la Música Pop, que interpretará cancións dos anos 70 e 80 do pasado século. Pero, temén á medianoite, o público terá a oportunidade de asistir á outra sesión de fogo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
GROENLANDIA E ISLANDIA
Millones de personas disfrutan del eclipse total por todo el planeta
VACUNAS EN EEUU
La OMS critica los cambios en el sistema vacunal de EEUU
ECLIPSE TOTAL DE SOL
Óscar Martín, un cazador pertinaz de eclipses: “Es una experiencia única”
Lo último
ALEJANMIENTO PREVENTIVO
El incendio de Huelva entra en Sevilla y arrasa ya 31.000 hectáreas
EVOLUCIÓN DEL FENÓMENO
Galería | Las fases del eclipse total de Sol, en fotos