SEMANA SANTA
Pasión con la Legión y su Cristo de la Buena Muerte
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
O paulatino achegamento do festival de cine ourensán, que vai ofrecendo novas coma a do “cámara” de Mon Devane -chamado a ser a imaxe futura do OUFF-, pousoume nas mans a outro ourensán que un día de 1905 puxo “o mundo por boina” e non se cansou de percorrelo a través de teatros, auditorios e platós de rodaxe, xa como tenor, xa como cómico, xa como director de compañía ou como actor secundario no emerxente cine español dos anos 40 e 50, onde procurou o seu retiro despois de ter chegado mesmo ata Shanghai.
Naceu, Modesto Cid, o 25 de marzo de 1879 nun fogar de clase acomodada e tradición carlista de Ourense, e destacou pronto na arte do canto co que comezou a asomar na prensa da época como protagonista da “onomástica de nuestro amadísimo Carlos VII” -tal e como recolle en diversas ocasións o diario tradicionalista “El correo español”-; o mesmo que en marzo de 1905 sinala con énfase especial “la romanza italiana ‘Non é vero’ que el conocido tenor cantó con la afinación y gusto en él peculiares”.
Loxicamente, con esas condicións vocais e unha formación ligada ó maxisterio, non tardou nada en sentir que Ourense se lle quedaba pequeno. Pero en vez de tomar o camiño da vila e corte, sabedor da intensa actividade artística que se concentraba na Habana, ese mesmo ano decidiu cruzar o Atlántico e ir á procura da fama naqueloutra capital.
A partir de aquí, a traxectoria artística de Modesto vai comezar a devalar a unha velocidade inusitada, incluso para un profesional da escena no que se convertería practicamente nada máis chegar.
O Teatro Albisú da Habana ou o Teatro Nacional, onde tiñan lugar as celebracións da Sociedade Benéfica de Naturales de Galicia pola festividade de Santiago, así como o Teatro Tacón, foron escenarios nos que empezou a distinguirse, tal e como informa a revista Galicia en xaneiro de 1907, ó indicar que “el joven barítono Modesto Cid, que ya se ha hecho aplaudir varias veces en los teatros de la Habana, cantó con envidiable soltura una balada compuesta por Marcial del Adalid, dando gran relieve a la canción con su extensa y bien timbrada voz y su buen gusto en el canto”.
Pero tamén a Habana se lle acabou quedando pequena e, primeiro coa compañía da tiple Esperanza Iris e co seu conveciño ourensán, Nan de Allariz, percorreu as principais prazas cubanas e non cubanas das Antillas, ata recalar en México, onde ten a fortuna de coñecer a unha tiple catalá que respondía ó nome de María Severini e á que quedaría ligado de por vida, non só como parella artística, senón tamén como parella matrimonial, dende 1913.
Entón, xa non son só os países do Caribe os que lle quedaron pequenos, senón que deciden explorar o mercado artístico de América do Sur, xirando por Costa Rica, Colombia, Venezuela e Arxentina -entre outros-, e mesmo polos Estados Unidos malia ó descoñecemento do idioma. “Si no se habla inglés, excepción hecha de los cantantes de ópera, no se puede hacer carrera artística en los Estados Unidos”, declararíalle ó “Diario Español” da Habana, en agosto de 1920, ó regreso do seu periplo norteamericano.
Dezasete anos tardaría Modesto Cid en regresar ó seu Ourense natal “para pasar unos días al lado de su señora madre”, presentarlle á súa dona e explorar o mercado artístico de Madrid e Barcelona.
Acontece isto en 1922 e Modesto e María acaban xirando por toda España coa compañía Zufoli-Peña e tomando contacto -xa nos anos 30- coas primeiras dobraxes de películas e coas primeiras interpretacións cinematográficas, como aconteceu con “Aves sin rumbo” da productora CIFI, na que traballaron ámbolos dous en 1934.
Pero chegou a guerra e aínda que por idade xa non era mobilizado, o matrimonio regresou a Cuba e Costa Rica e ó rematar a contenda asentouse en Barcelona, chegando a participar no reparto de 78 películas ata que, o 5 de xullo de 1954, o corazón lle puxo punto final ó seu camiño. Tiña 75 anos.
Con ser moito todo canto apuntamos, nada é comparable con esoutra vida que en maio de 1953 contou este xornal dende Barcelona, avalada polos recordos familiares do seu sobriño, Juan Saco.
Reproducímola case íntegra e di así: “Un día, en un café, apareció un señor con una hermosa melena blanca. Lo saludamos y se sentó con nosotros. Era Modesto Cid. Hace no sé cuantos años lo oí cantar en el Liceo y desde entonces ha recorrido todo el mundo, América y Asia especialmente.
Fue prisionero y amigo de Pancho Villa. Jugó a las cartas y se sentó a la mesa de varios tiranos de allende el Atlántico. Habla de ellos como hablaría de sus contertulios del Liceo o el café La Unión.
Su mundo, que comprende toda la bola que nos muestran en las escuelas, es como si estuviera entre la Burga y el Puente. Principalmente nos habla de Shanghai.
En todas partes fue artista, esto es, aquello para lo que nació. Pasó por el canto, la comedia, el drama y el cine, y anidó, al fin, en el cine, que es lo que hace en Barcelona. Pero en Shanghai anduvo también por los frontones de pelota vasca. La pelota vasca es el gran vicio en aquella Babilonia cosmopolita del Extremo Oriente. Galicia envía sus hombres al Oriente, al Occidente, al Norte y al Sur, y a todos los extremos del mundo habitado y deshabitado, pero no ha sabido imponer sus costumbres en ninguna parte.
Modesto Cid no ha sido pelotari, que sepamos, ha sido jugador de apuestas en lugar de los pelotaris. Le tomó gusto a Shanghai, pero al fin se cansó. Quiso volver a España y preparó el regreso por donde nunca anduviera.
Atravesó la China en ferrocarril, para volver por el Transiberiano… Aún hoy se extraña de que los bolcheviques le permitieran pasar. A quien, como él, vivió revoluciones y tiranías, no le asusta ningún peligro y, como los dos viajeros chinos de los que habla Lin Yutang, puede decir: “Si nos roban y nos matan, allí terminará nuestro viaje; si nos salvamos, seguiremos adelante.
¿Habrá terminado su viaje Modesto Cid? ¿Volverá a emprenderlo? ¿Lo terminará, buscando “acougo” en Ourense?”.
Ó final, nin foi Ourense nin a Habana, senón o cemiterio de Montjuic, en Barcelona.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SEMANA SANTA
Pasión con la Legión y su Cristo de la Buena Muerte
PALONTOLOGÍA
El este de Iberia, un paraíso para los estegosaurios
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 3 de abril
Lo último
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, viernes 2 de abril?
HISTORIA EN 4 TIEMPOS
Hemeroteca | Conde Corbal: “Xente da terra e do mar”
OURENSE, SEGÚN LOS TURISTAS
Los turistas aprueban a los ourensanos y su cocina, y suspenden la escasez termal