A soidade poética de Clara Corral Aller

CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE

Naceu en Ourense cando o século XIX estaba a piques de mediar, no seo dunha familia orixinaria de Mondoñedo, pero pronto foi vivir a Lugo e despois a Santiago, rematando na coruñesa praza de María Pita unha vida solitaria por decisión persoal

Imaxe de Clara Corral, na que aflora a evidente fermosura da intimista poeta.
Imaxe de Clara Corral, na que aflora a evidente fermosura da intimista poeta. | La Región

A conmemoración do día internacional da muller pídeme rescatar do silencio a esta ourensá ocasional que tivo berce nunha casa quente e ben dotada, do corazón da cidade, pero que logo foi levada a outros lugares de Galicia deixando atrás o ronsel poético das Burgas sen ter idade para saber o que aquilo significaba. Pola formación adquirida puido terse dedicado ó que quixera nunha época non doada para unha muller nada tradicional, pero decidiu refuxiarse na poesía e transformar nun mundo onírico o seu fogar.

Forma parte desa pléiade de personaxes ós que determinadas conxunturas familiares os levaron a nacer nun lugar que quedaría prendido nas súas biografías, pero ós que logo non regresarían nada máis ca de forma ocasional porque nada lles quedara prendido nelas.

A razón que levou a Clara Corral Aller a que fose a cidade de Ourense a súa referencia primixenia, tivo que ver coa residencia do médico mindoniense Dimas Corral e a compostelá Clara Aller -seus pais-, en xuño de 1847, nela.

Dimas Corral estudara primeiro Filosofía e Metafísica na Universidade de Santiago e a seguir doutorouse en Medicina, dando lugar co tempo a unha saga familiar de médicos chamados Dimas que durou ata cinco xeracións.

Como médico arribou á cidade das Burgas, pero pronto compartiu actividade clínica co ensino, non só no Seminario, senón tamén no Instituto, onde acabou exercendo de director ó mesmo tempo que cultivou o xornalismo, ata que en 1852 se trasladou a Lugo.

Velaí onde comeza e remata a relación de Clara con Ourense, o cal non lle quita mérito ningún para que non sigamos considerándoa ourensá. Unha ourensá singular que comezou a súa formación regrada na cidade da muralla, pois nela residiu ata que en 1868, falecido seu pai e coa nai tamén xa morta, aséntase en Santiago na compaña das súas irmás Consuelo e Rita, mentres o seu irmán Dimas, coa licenciatura de Medicina debaixo do brazo, facía méritos na vida militar ó ser destinado a Filipinas.

Fronte a ese espírito aventureiro co que nacera Dimas, Clara elixiu, sen embargo, unha vida interior que sostivo fundamentalmente coa reflexión e a poesía.

Contan algúns biógrafos que lle dedicaron espazo na prensa do momento, que “por su bagaje cultural -realmente extraño en una mujer de su tiempo- y por su admirada belleza”, a xove Clara converteuse nunha das mozas más admiradas e “solicitadas” pola elite masculina compostelá e coruñesa da época.

Sen embargo -aludo de novo á hemeroteca- “desde muy pronto tomó la firme decisión de no compartir vida con nadie para dedicarse en exclusiva a sus actividades humanísticas”.

Influenciada polas correntes poéticas do momento, dadas fundamentalmente ó romanticismo, neste estilo metódico e contextual é onde hai que enmarcar a súa poesía, que escribiu fundamentalmente en castelán, aínda que ten a mérito ser considerada a segunda muller que publicou obra en galego, razón pola que en 1906, cando se funda a Academia Galega da lingua foi elixida académica correspondente xunto coa súa irmá Rita, da que, sen embargo, non se conserva obra lírica.

“Nació al brillar la alborada/ lució cuando el mediodía/ la tarde la vio agostada/ y de la flor perfumada/ no hay ni la memoria hoy dia”.

A de Clara, pola súa parte, céntrase entre 1870 e os anos finais do século (en 1884 muda a residencia para a Coruña), destacando especialmente polo seu intimismo.

De toda a obra publicada dan conta hoxe en día dúas pequenas publicacións. Unha titulada “A Herminia”, dedicada á súa sobriña trala súa morte e a segunda é unha recompilación editada polo seu sobriño Dimas Romero cando se cumpriu o centenario da publicación do primeiro poemario.

O conxunto de poemas en castelán comezounos a publicar no “Almanaque de Galicia”, mentres que as composicións en galego foron dadas a coñecer nas páxinas de “La Ilustración Gallega y Asturiana” ou no “Tío Marcos da Portela” e aínda que a poeta non acadou nunca un grao de popularidade semellante a outras poetas galegas -herdeiras, en todo caso, da influencia de Rosalía- a calidade literaria da que fixo gala levouna a ser considerada por estudosos do nivel de Carballo Calero, unha das mellores poetas galegas.

Inmersa na soidade poética por ela elixida nunha sorte de clausura laica que exteriorizaba só a través das súas poesías, Clara Corral morreu no mes de febreiro de 1908, deixando versos coma os que seguen, que ben poderían seren tomados coma o seu epitafio posible:

“Nació al brillar la alborada/ lució cuando el mediodía/ la tarde la vio agostada/ y de la flor perfumada/ no hay ni la memoria hoy dia”.

A súa reivindicación: “Liberdade de instrución, acceso ós postos e ás carreiras vedados á muller”

Praza de María Pita e campa do cemiterio de San Amaro, onde está soterrada.
Praza de María Pita e campa do cemiterio de San Amaro, onde está soterrada. | La Región

Dun xeito consecuente á soidade na que viviu, así acabou tratada pola prensa, tal como denunciou “A Nosa Terra” tralo seu óbito:

“Modesta en grado sumo, no fue Clara de las que más se dieron a conocer... Así no es de extrañar que la prensa gallega no haya tenido media docena de líneas para la poetisa gallega recién fallecida”.

De agora, cito a síntese elaborada por Rosa María Cid en “Historia das nosas mulleres ourensás”, quen da conta da reivindicación do papel que debería exercer a muller e que resumiu en dúas entregas na “Gaceta de Galicia” do mes de setembro de 1887.

A segunda reprodúcea Rosa Cid. Da primeira rescato algúns parágrafos para que quede constancia da súa clarividencia:

“Por temperamento, por costumbre, por convencimiento tal vez, vivo yo absolutamente la vida del hogar y pido mil perdones si, solicitada por el Congreso Pedagógico de Pontevedra, rompo mi retraimiento para hacer oír mi voz desautorizada.

Es la educación de la mujer tema tratado por clarísimos talentos y sobre el que, sin embargo, me permito tener opiniones opuestas.

Por lamentable desgracia en mi sentir se han equivocado los hombres que han tocado este punto de transcendental interés (…)

No soy optimista ni pretendo deificar a la mujer como ciertas instituciones galantes de la Edad Media; soy, por el contrario, como hija de este siglo analítico y observador, muy práctica y en ciertas materias casi escéptica.

Creo sencillamente que la mujer representa en el mundo la mitad de la especie y juzgo ceguedad inexplicable renunciar al contingente de progreso e inteligencia que su cooperación activa habría de aportar al acervo común, dejando, por error de apreciación de algunos, que sea terreno estéril e infecto lo que ser pudiera fecundo manantial de luz y de virtudes.

Libertad de instrucción, acceso a los puestos y a las carreras que le están vedados, autonomía, en fin, que haga de la mujer un ser inteligente y digno, no obligado a rebajar o mistificar sus más hermosos sentimientos y anular sus facultades más preciosas.

La educación que hoy se da a la mujer ¿tiende a dirigirla por este sendero? Un error crasísimo de los hombres hace hoy como ayer, y como ha hecho siempre, de las mujeres de nuestra sociedad deliciosas muñecas de escaparate, tan lindas como ineptas (...)”

Contenido patrocinado

stats