ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: lunes, 22 de diciembre
OURENSANS E GALEGOS
Obviando tódolos antecedentes históricos que nos remontarían ó emperador Carlos V e ó conquistador Vasco Núñez de Balboa nos inicios do século XVI, así como tódolos detalles previos de finais do século XIX, con norteamericanos e franceses loitando por construír tan fenomenal atallo para a historia da navegación universal, o interese desta microhistoria xorde en 1904 cando (decretada a orde presidencial por Roosevelt, definido definitivamente o lugar, atados tódolos cabos económicos, laborais e incluso sanitarios consistentes no intento de erradicación dos mosquitos que provocaban as temidas febre amarela e malaria) a macroempresa encargada da construción do Canal comezou a precisar de ducias de milleiros de traballadores estranxeiros porque os propios de Panamá e dos Estados Unidos desestimaban á oferta debido ás crúas condicións laborais.
Alleos a este contexto e acostumados, ó mesmo tempo, ó traballo duro no establecemento da rede ferroviaria que se estaba a construír na illa de Cuba, mal vivían centos de españóis en xeral e de galegos en particular, ós que lles fixeron chegar cantos de serea relativos a unhas presumibles condicións económicas e laborais moito mellores, que nun principio moitos aceptaron explorar. Aí comezou a funcionar a inexorable cadea migratoria. Pero a inmensidade das obras precisaban cada vez máis man de obra e a fama dos galegos comezouse a popularizar ata o punto de que o enxeñeiro xefe do proxecto chegou a afirmar que un traballor galego facía o traballo de tres de calquera outro lugar, polo que decidiu reclutalos na terra nai.
Así foi como nos xornais comezaron a aparecer “atractivas” ofertas de traballo ó outro lado do mar, non só en Galicia, senón tamén no resto do país, logrando captar a uns 9 mil en total, dos que arredor de 6 mil eran galegos e, entre eses, loxicamente centos de ourensáns.
Sen embargo, o ouro que relocía nas condicións divulgadas en feiras, festas e mercados tiñan moi pouco que ver coa realidade e de súpeto os xornais de todo o pais -en Ourense, un dos máis comprometidos foi o liberal “El Miño”- sentiron a necesidade de alertar á sociedade “de los horrores inqusitoriales a que están sometidos en Panamá nuestros compatriotas”.
Baixo titulares como “Horrores de la emigración”, “Los tormentos del emigrante”, “La caza de esclavos” ou “Emigrantes que sucumben”, todos eles de mediados de 1907, a prensa en xeral reproduce informacións e cartas remitidas polos propios traballadores nas que relatan situacións inimaxinables para calquera ser humano.
Tomemos como exemplo un texto de “El Liberal” de xuño de 1907, no que afirma que “los españoles son tratados en Panamá con menos consideración que los negros”, xa que “se les castiga sin piedad; se les alimenta con productos averiados de calidad ínfima; se les condena por cualquier bagatela a traballos forzados, a pan y agua y sin salario alguno, y para que el castigo sea más horrible, se les coloca en el pie derecho una cadena de cuatro metros de longitud, sujeta por el otro extremo a una enorme bola de hierro, como si hubieran cometido algún crimen nefando”.
Pouco a pouco a divulgación de informacións tan contundentes como espantosas acabarían sendo tomadas en consideración polo goberno liberal de José Canalejas, quen a finais de 1910 decreta a prohibición da emigración a Panamá.
Pero o mal, para tantos (“al que protesta lo llevan a traballos forzados y no vuelve a ser hombre en todas su vida), xa estaba feito.
Lidos os testemuños de tantos -lamento que non caiban aquí-, non é de estrañar que os que volvían repatriados -tanto de Panamá, coma da Habana posterior á perda da illa-, o fixesen en estados tan lamentables como recolle con espida crueldade o “Diario de Pontevedra” do 29 de agosto de 1913.
Baixo o título de “Un emigrante orensano, loco”, o xornal informa de que “entre los pasajeros de cuarta clase del vapor ‘Espagne’ que llegó a La Coruña procedente de La Habana figuraba Evaristo Lorenzo, natural de Orense, que padecía ataques de enajenación mental y manía de destrucción.
En La Habana lo acompañaron hasta el buque unos amigos, sin que los tripulantes se diesen cuenta de su embarco. En la mañana del 17 comenzó el demente a destrozar las ropas y todo cuanto encontraba por delante.
A duras penas se conseguiu sujetarle y ponerlle a camisa de forza. O médico do buque o recoñeció, apreciando que era un degenerado alcohólico. Da habitación destinada aos locos houbo necesidade de retirar a colchoneta porque Evaristo a destrozaba a mordiscos.
Fixo o viaxe completamente desnudo, pois as dúas ou tres veces que lle puxeron roupa a fixo trizas. Ademais de negarse a tomar alimentos, rehusaba o auga para lavarse e, en cambio, utilizaba para iso os seus propios orines.”
A información continúa indicando que en Ourense recibiuno o Gobernador, quen se encargou de localizar á familia “para que pasasen a recollerlo”.
E, se ben Evaristo logrou regresar, outros moitos quedaron alá para sempre, tal como da conta este mesmo xornal en febreiro de 1912, indicando que “el consul de España en Panamá participa el fallecimiento de los súbditos orensanos, Esteban Caride, natural de Sobrado, de 47 años, casado y fallecido en el hospital de Culebra, zona del Canal, así como Leonardo Fernández, natural de Fontesta (Puebla de Trives), de 29 años, que pereció ahogado”.
Na memoria de Evaristo, Esteban, Leonardo e tantos milleiros, a Fundación NosaTerra, constituída hai uns anos por descedentes de emigrantes galegos en Panamá e presidida por Ricardo Gago, lograron instalar a carón das esclusas caribeñas do Canal un fermoso monumento que foi inaugurado -pronto fará un ano- o pasado 24 de febreiro de 2024.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: lunes, 22 de diciembre
EL GORDO ESTÁ EN EL BOMBO
¿Con qué números han tocado los premios gordos de la lotería de Navidad? Descubre los más repetidos
Lo último
Rosendo Luis Fernández
Unha volta de "tuerca" nas denuncias
CORRUPCIÓN EN EL PSOE
Cargos de Deloitte declaran por la cátedra de Begoña Gómez
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
Historia de amor de una ciudad
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este lunes, 22 de diciembre