UN 14,5% DE EMANCIPACIÓN
Un 85,5% de jóvenes no tiene acceso a la vivienda en España
FE E RELIXIÓN
O programa “Nacer de Novo” emitirá este domingo ás 8,45 h o seu episodio número 2.000 na TVG. Nesta ocasión terá unha hora de duración, por ser un programa especial, e contará coa presenza de Xosé Ramón Gayoso, Helena Soto ou Arturo Fernández, entre outros. Iniciado o 30 de xuño de 1987, o programa das igrexas evanxélicas en Galicia é o máis antigo de todas as televisións europeas e foi replicado por televisións como a TV3, Euskal Telebista ou Canal Sur.
Pregunta. Despois de 2.000 programas e case 40 anos de historia, cal é o voso segredo?
Respuesta. Penso que o estar moi preto da xente. Ao longo de 2.000 foron unhas 3.000 persoas de Galicia as que falaron en “Nacer de novo”, que contaron como Deus cambiou as súas vidas, persoas en situacións difíciles, con enfermidades terminais… O segredo é escoitar a xente normal e corriente que pensa que Deus é real porque entrou na súa vida, non é unha cuestión teórica, senón vital. Dende o primeiro programa decidimos regalar un Novo Testamento á xente que nos chama; debemos levar uns 40.000 exemplares regalados.
P. Como foi o voso comezo?
R. É importante recordar que nós comezamos o programa ao principio de todo coa vosa produtora, coa produtora de La Región, no ano 87. De feito é probable que foramos un dos primeiros clientes. Eu tiña 25 anos. Comezamos negociacións polo notoiro arraigo das igrexas evanxélicas en Galicia, porque comezara a emitirse a misa católica na TVG. Pero queríamos dirixilo a todo o mundo, non só a crentes. Falamos co Parlamento de Galicia demandando este dereito da comunidade evanxélica.
P. Se tivera que quedarse cunha entrevista, cal sería?
R. Houbo moitas que foron moi especiais. Por exemplo, cando estivo Whitney Houston a última vez en España, que deu un concerto en A Coruña, a única entrevista que ofreceu, penso que en toda Europa, foi a nós. Desmond Tutu, o clérigo sudrafricano Premio Nobel da Paz, cando veu a Madrid, fomos os únicos aos que nos deu unha entrevista. Eu creo que fora incluso portada de La Región naquel momento. Pero, realmente, as entrevistas bonitas son aquelas de xente galega. Cando os televidentes ven falar a alguén coñecido e a xente común, claro, eso tócalles o corazón.
P. Que caracteriza á comunidade evanxélica galega ?
R. Aquí en Galicia hai igrexas evanxélicas con máis de 150 anos. A de Ourense ten 100 anos de historia. E foron escolas durante moito tempo. Non estamos falando dunha cousa recente. Hai moita xente en Galicia que sin ser protestante estaba familiarizada cos evanxélicos. O que caracteriza a esta comunidade é a relación íntima e persoal con Deus, lonxe de dogmatismos. Axudar ás persoas, ós veciños, amar aos outros que nos rodean. Trátase de vivir o Cristianismo día a día.
P. Que nos agarda no futuro de “Nacer de novo”?
R. Será un programa para pensar. Vivimos nunha sociedade que non pensa, que o que fai e correr dun lugar a outro. O desafío é comezar a vivir. Eso é o que significa “Nacer de novo”, saber que un sempre pode comezar unha nova vida e unha vida, como dixo Xesús, que non vai terminar xamáis.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UN 14,5% DE EMANCIPACIÓN
Un 85,5% de jóvenes no tiene acceso a la vivienda en España
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 23 de mayo
Lo último
DIARIOS DO PASADO
Quilates, algarrobas, romanos e suevos
Alfredo Conde
A TIRITA
Por non falar de política...
DIECISÉIS ARTISTAS
Poetas de tres países unidos por las letras y la música en Ourense
Gonzalo Iglesias Sueiro
Mans Sucias