Alfredo Conde
A TIRITA
Por non falar de política...
Lavade as mans antes de xantar e cantas máis veces o fagades no día, moito mellor”. Esta recomendación repítea a Organización Mundial da Saúde (OMS) para toda a humanidade, para os máis de sete mil millóns de habitantes da Terra. Teñen que aprender a lavar as mans se queren salvar a súa vida. As miñas fillas fixérono moitas veces e, grazas a esa costume, superaron incontables situacións adversas cando residían no continente africano.
A OMS informa que se estenderán polo mundo moitas enfermidades producidas por virus moi agresivos e, na actualidade, pouco coñecidos. Pandemias, máis pandemias, infinidade de pandemias. Cantas vacinas serán postas en circulación para tratar de protexer á humanidade? Sen dúbida, a vacina máis barata e ao alcance de todos é lavar as mans e seguir as instrucións dos profesionais da saúde.
O filósofo J. Paul Sartre, comprometido coas liberdades, afirmaba: “O home está condenado a ser libre e a súa ética é froito consubstancial coa liberdade que escribe nun papel en branco”. No ano 1948 escribiu unha obra de teatro titulada “As mans sucias”. Nela, Sartre explora o compromiso político, a crise ideolóxica e o dilema moral dun mozo revolucionario que asasina ao líder do seu partido. Na realidade actual, Felipe González e o seu adlátere Alfonso Guerra, andaluces de prestixio e influentes na sociedade, puxeron os seus sicas ao servizo da dereita.
As causas do retroceso do PSOE nas eleccións celebradas en catro comunidades autónomas:
A) Medo da dereita á perda de privilexios históricos dos que crían ser propietarios.
B) Convencemento de que os humanos non son iguais ante a Lei, o que se materializa en rexeitamento de migrantes que veñen a desfrutar dos dereitos dos españois. Donald Trump impulsou “America First” (frase que copiou dos presidentes Warren G. Harding e Woodrow Wilson). Vox e o PP transgriden a Constitución e demais leis ao incluír a “prioridad nacional” como eixo da acción de goberno.
C) Golpe de Estado. O momento histórico é idóneo para varrer as políticas progresistas impulsadas polo Goberno de Pedro Sánchez. A ultradereita intenta recuperar o nacionalsocialismo camiño dun neoliberalismo salvaxe que destruia o Estado protector. A consigna protagonízaa o expresidente Aznar: “El que pueda hacer que haga. El que pueda hablar que hable. El que pueda aportar que aporte. El que se pueda mover que se mueva…”. Directo e sen vergoña ningunha falaba Aznar declarando a Sánchez un perigo para a democracia española. Nunha demostración de vasalaxe, Núñez recalcou: “A inhibición non ten ocos”. Os ataques intensifícanse participando activamente e nunha sostida agresión contra os leais aos principios constitucionais.
Neste contexto non sorprende a participación activa de EEUU contra o que representa Pedro Sánchez. Denuncia do xenocidio de Gaza, non a guerra, non ao 5% de participación en armamento, acordos económicos con China, expulsión do Goberno sionista en eventos de toda clase, fortalecemento da UE na toma de decisións, etc.
A posverdade é garantir que as estruturas capitalistas están deseñadas para que ninguén teña as mans limpas. A corrupción salpica a case todos, mais algúns teñen tamén as mans molladas en sangue.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
UN 14,5% DE EMANCIPACIÓN
Un 85,5% de jóvenes no tiene acceso a la vivienda en España
DIECISÉIS ARTISTAS
Poetas de tres países unidos por las letras y la música en Ourense
RECLAMACIÓN AL EJECUTIVO
La Xunta pide debatir sobre la financiación autonómica