COLOR DEL AÑO
Cloud Dancer: minimalismo, calma y moda en un solo color
É, probablemente, un dos máis descoñecidos de entre os santos, beatos e mártires clásicos ourensáns, por máis que a súa vida fose contada por Samuel Eiján e outros, e a súa imaxe poida ser contemplada na catedral. Chamábase Juan Jacobo Fernández e logo de ser exclaustrado do convento franciscano de Herbón (Padrón), desempeñou durante 20 anos o oficio de xastre en Ourense, denantes de ir ás misións a Damasco onde foi horriblemente martirizado xunto con outros sete franciscanos españois.
Forma parte do colectivo coñecido na haxiografía cristiá de Oriente Medio como “Os oito mártires de Damasco” cuxas memorias se conservan aínda hoxe baixo unha lápida da igrexa franciscana daquela cidade. Respondía ó nome de Juan Jacobo Fernández e nacera na aldea de Moire (Piñor de Cea) ó mesmo tempo que Napoleón andaba embeleñado na conquista da península, o día 25 de xullo de 1808.
Concretamente foron sete españois e un alemán os seguidores de San Francisco de Asís que, xunto con outros moitos relixiosos de distintas ordes, acabaron salvaxemente martirizados o día 9 de xullo de 1860 no medio dunha turba “de moriscos, a los que se unieron drusos, kurdos, beduínos y árabes”, que arrasaron o barrio cristián de Damasco, “con sus 3.800 viviendas y los conventos de los Paúles, Hermanas de la Caridad y Franciscanos”, a onde Juan Jacobo Fernández chegara había pouco máis dun ano.
Membro dunha longa torgueira de labradores das terras do Reino, a prole de sete irmáns que formaron o berce familiar había dar co paso do tempo lustrosos descedentes, entre os que destacan o médico Cesáreo Fernández Losada, que formou parte do corpo médico da corte isabelina e atendeu a Prim no seu leito de morte, logo do magnicidio da rúa do Turco, así como Camilo José Cela, que presumiu sempre de ter un ascedente beato (a súa bisavoa Rosa era irmá do misioneiro) e mesmo o inmortalizou en “Mazurca para dos muertos”, ademais do alto funcionario de facenda en Madrid e protector de Curros Enríquez, Modesto Fernández González, quen no número 75 de “La tierra gallega” -dirixida precisamente por Curros Enríquez na Habana- publica, o 23 de xuño de 1895, uns apuntes biográficos que paga a pena extractar para coñecer mellor a estoutro ourensán sen fronteiras que estendeu as lindes da memoria da nosa provincia ata os confíns de Oriente Medio.
Iniciado como novicio en Oseira, pronto tomou camiño do convento de Herbón, onde profesou no ano 1831 ata que a Desamortización de 1835 expulsou ás ordes relixiosas e confiscou os seus conventos.
Convertido nun exclaustrado máis, dedicou os seguintes vinte anos da súa vida a aprender o oficio de xastre na compaña do seu tío Mingos e doutro veciño.
A praza de San Cosme e San Damián (quen lle ía dicir que acabaría tendo o mesmo e fatal destino!) foi durante aquel tempo o seu espazo vital cotián. Sen embargo, os devezos espirituais non se lle vían colmados co nobre oficio da costura e en 1857 ó ter coñecemento de que a Orde andaba á procura de misioneiros para Terra Santa, sen consultalo coa familia sequera, tomou camiño de Xerusalén, viaxe que describe nunha carta que lle envía logo ó seu irmán Ignacio Benito, médico de profesión, tan só tres meses antes do martirio.
“Mi querido Ygnacio: La premura de la orden para mi marcha me impidió despedirme de ti y mi largo viaje por tierra y mar, más fue una peregrinación, como luego te diré; no pude escribirte hasta ahora. Ahora sí me despido, tal vez para siempre, quiera Dios que en el cielo nos veamos (...)”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COLOR DEL AÑO
Cloud Dancer: minimalismo, calma y moda en un solo color
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: domingo, 21 de diciembre
HASTA 200 EUROS DE SANCIÓN
Lista | Cómo saber si mi baliza V16 está homologada y evitar ser multado
Lo último
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
As esperas teñen idade?