5 sep 2009

A Deputación financia con 100.000 euros un centro deportivo e recreativo en Abavides

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou onte achegas por importe de 200.000 euros destinadas a instalacións deportivas e á realización de actividades lúdicas, deportivas, culturais e académicas. O concello de Trasmirás, concretamente, recibirá 100.000 euros para financiar unha instalación deportiva, recreativa e lúdica en Abavides. Asemade, a Fundación Festa da Istoria recibirá unha subvención de 15.000 euros para a organización da XX edición da Festa da Istoria.