Hai dous anos que Agustín Fernández comezou a facer contas no Concello. E, segundo di, cadran. De feito, o seu balance da situación económica do Concello non podía ser mellor. Salienta que hai un superávit orzamentario de 15 millóns de euros e temos un remanente de tesourería positivo, de 21 millóns de euros. Entre as cifras que manexa, Fernández atopa outro dato positivo: a taxa de endebedamento do Concello é do 53,46%, moi inferior á existente no ano 2006, que era do 65%, subliña.