3 feb 2012
A Xunta avanza a Asemaco as líneas de apoio para este ano
O director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, Javier Aguilera, mantivo un encontro con directivos da Asociación de Empresarios de Materiais para a Construción (Asemaco) para avanzarlles as previsións sobre as convocatorias de apoio que o instituto adscrito á Consellería de Economía e Industria habilita este ano, así como para coñecer os plans que a asociación está a impulsar e avaliar posibilidades de colaboración.