14 jun 2022
Trelle celebra os cen anos de Benito
Benito Fernández foi o gran protagonista da fin de semana en Trelle, Toén. Celebrou o seu cen aniversario rodeado dos seus por todo o alto: con pulpo e familiares que viñeron dende Suíza para pasar con el unha data tan sinalada no calendario familiar.