30 insultos galegos que debes coñecer
COSTUMBRISMO
Zalapastrán, rapatundas, remendafoles... O noso idioma ofrece un amplio catálogo de xuramentos e tacos
Tal e como recordan na páxina de Facebook "Pelis dobladas al gallego", a TVG foi para nós unha marabillosa escola na que puidemos aprender unha perfecta escolma de tacos e palabras malsoantes. Verbas saídas diretamente dos beizos das persoaxes de produtos claves da cultura pop coma "Pulp Fiction", "Bola de Dragón" ou "Sin Perdón". Xeracións enteiras de rapaces que nunca estaremos o suficientemente agradecidos ao esforzo creativo dos nosos dobradores. Por que, acaso hai algo máis noso que contemprar aos nenos xurando coma camioneros no idioma de Castelao? Pura maxia.
.Barallocas: Que fala en exceso ou sen sentido.
.Bulebule: Que todo o toca e desordena. Que non ten parada.
.Cacharulo: Que ten grosas as nádegas.
.Cacholán: Que persiste nas súas ideas ou actitudes, mesmo ante a evidencia de estar equivocado ou obrando mal.
.Caguiñas: Apoucado,chaíñas, cobarde, cagainas, cagaíñas, cagán, cagarolas.
.Camanduleiro: Hipócrita.
.Chapón: Persoa que come con voracidade. Galdrumeiro.
.Chocalleiro: Que ten por costume dicir ou facer chocalladas (bromas ou chanzas de dubidoso gusto).
.Farfallón: Que ten moi pouco coidado no seu traballo.
.Fazañeiro: Que alardea das súas fazañas.
.Garatuxeiro: Que gaba ós demais en exceso. Loamiñeiro.
.Langrán: Que ten aversión polo traballo. lacazán.
.Lareta: Indiscreto, que todo o divulga.
.Lercho: Dise da persoa que come e bebe demasiado.
.Mexeriqueiro ou Mexiriqueiro: Persoa remilgosa ou mimarralleira. Panximicas.
.Moinante: Arteiro, astuto. Aplícase á persoa que utiilza métodos cariñosos para consegui-lo que quere.
.Pailán: Ignorante, inculto. Pailaroco.
.Palabreiro: Persoa que promete moitas cousas e logo non cumpre.
.Pándego: Dise da persoa amiga das farras e diversións. Canfurneiro, carallán, esmorgante, fandangueiro, farandoleiro, farrista, gallofeiro, parrandeiro, rexoubeiro, trouleiro.
.Panxolas: Dise do que sabe capta-la vontade doutro con enganos e gabanzas.
.Prosma: Persoa lenta, pesada, tardona. Cachazudo, indolente, pachán, pachorrento, pachorro, pancho, parsimonioso, pousafoles, pousón, sórneas, tardón.
.Rapatundas: Dise do que por apoucado aguanta tundas de todos.
.Raposeiro: Astuto, malicioso, raposo, renarte, zamurdo, zorro.
.Remendafoles: Caguiñas.
.Rexoubón: Murmurador, que soe falar mal doutras persoas.
.Rifeiro: Dise de quen é amigo de andar en rifas ou liortas. Rifante.
.Rincheiro: Que ri con estridencia, ensinando os dentes.
.Trampuzas: Persoa involucrada en negocios sucios.
.Xan: Persoa de pouca personalidade que é manexado por todos. Ñácaras.
.Zalapastrán: Baldreu, pastrán, fargallón, bandallo, persoa sucia e mal amañada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INCORPORA COLOR Y ESTILO URBANO
Galería | Todos los diseños presentados por Adolfo Domínguez en su regreso a la Fashion Week, en fotos
EN LA RED
Cuando la IA ocupa la silla vacía
Fernando Muñoz
TENDENCIAS
Si tu hijos te dicen que van a "farmear aura", tranquilo
Lo último
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
Odio no ollar e no falar
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 30 de septiembre
EDUCACIÓN Y EMPLEO
El 17% de los jóvenes de 18 a 24 años son ninis en España
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Sementar, primeiro