Trasmiras convértese na capital limiá da música
"LUMEADA"
Trasmiras celebra o festival “Lumeada”, que reúne a grupos de toda a provincia
Trasmiras sempre foi un pobo de músicos. Ou polo menos niso coinciden tódolos veciños. Para reunir aos grupos da contorna e poder pasar un día en familia, a escola de música do municipio -que cumpre 15 anos- celebra o Festival Lumeada, unha cita que vivirá a súa terceira edición o vindeiro sábado 20 de xuño.
A cita reunirá a partir das 18,30 horas no pavillón local a media ducia de grupos: Vai de Vagar a Forxa, Mulleres Rurais (Xinzo), Do Revés, Lembranza Solpor, Pandeiretas de Coelerni, e As Xeitosiñas, que tocaran xunto á coral, a banda de gaitas e o grupo de acordeóns da escola de música local.
Homenaxe Diana Rodríguez, da directiva da Escola de Música de Trasmiras, explicou que cada grupo toca uns dez minutos antes da paparota e a foliada final, apuntado que cada ano se homenaxea a unha persoa. Na primeira edición foi a Delfín “O Rato”, un senlleiro músico da localidade co que moitos alumnos da escola tocaron “e mesmo algunhas gaitas que inda temos están feitas por el”, aclarou Rodríguez. Nesta edición a homenaxeada será a gaiteira Cristina Pato, que estará presente durante o festival: “Retrasámolo para que poidese estar ela, xaque normalmente é a finais de maio”.
O evento vai máis aló da música, buscando ser un punto de encontro para os membros do eido musical, converténdose nun lugar de socialización para novos e maiores. “Na escola temos alumnos de oitenta anos”, falou Rodríguez, “moitos tocan por oído, non saben nin as notas”. Para a localidadade, a escola -e por consecuencia o Lumeada- é algo máis, é o lugar onde diferentes xeracións de avós, pais, fillos e netos comparten o amor que caracteriza a súa terra polas melodías.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"DEBERES FEITOS"
Polémica en Trasmiras al no pedir ayuda por daños
CONGRESO DE LOS DIPUTADOS
El alcalde de Trasmiras ve “deslealdade” con el cuartel