DEVOCIÓN Y PROMESAS
Galería | Trives cierra sus fiestas patronales con la procesión de la Dolorosa
IES XERMÁN ANCOCHEA
O alumnado de 4º da ESO e de 1º e 2º de Bacharelato de Humanidades do IES Xermán Ancochea de Trives participou este xoves nunha saída educativa a Lugo organizada polo departamento de Clásicas do centro. A xornada combinou historia, patrimonio e aprendizaxe práctica nunha experiencia que lles permitiu achegarse ao pasado romano da cidade.
Un dos momentos principais da visita foi a participación nun obradoiro de arqueoloxía na Domus do Mitreo. A actividade incluíu unha visita guiada dinámica polas instalacións do museo, un espazo de preto de 600 metros cadrados no que se conservan diversos restos arqueolóxicos que permiten coñecer a evolución da cidade de Lugo desde a época romana ata períodos posteriores.
Durante o percorrido polo subsolo da cidade, o alumnado puido interactuar con diferentes réplicas arqueolóxicas vinculadas ao mundo romano e descubrir algúns dos segredos mellor gardados da antiga Lucus Augusti. O obxectivo da actividade era achegar aos estudantes ás metodoloxías de traballo da arqueoloxía moderna e comprender mellor os modos de vida e a cultura material da sociedade romana.
A través dunha escavación simulada relacionada co achado da casa do Mitreo, os propios alumnos e alumnas convertéronse por un momento en arqueólogos. Eles mesmos interpretaron os elementos atopados e experimentaron algúns aspectos da vida cotiá na antiga cidade romana.
A excursión completouse cunha visita ao Centro de Artesanía e Deseño de Galicia (Centrad), onde puideron coñecer diferentes propostas vinculadas á artesanía e ao deseño galego, ampliando así a xornada con outro enfoque cultural.
A saída permitiu ao alumnado trivés aprender de maneira práctica e participativa, demostrando unha vez máis o valor das actividades fóra da aula para comprender mellor a historia e o patrimonio que estudian no día a día.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DEVOCIÓN Y PROMESAS
Galería | Trives cierra sus fiestas patronales con la procesión de la Dolorosa
GASTRONOMÍA Y NATURALEZA
Programa y actividades de Rebrota Silvina
AGRADECIDO POR LA ALCALDESA
Un particular dona un camión para que Trives se refuerce contra el fuego
Lo último
PLAN DE CHOQUE ECONÓMICO
El PP exige al Gobierno IVA al 0% para el pescado y más ayudas al gasóleo
SOCIEDAD CIVIL ESPAÑOLA
PP y Vox secundan una marcha en Madrid para exigir elecciones y juzgar a Sánchez por traición
RECLAMAN PRESUNCIÓN DE INOCENCIA
La Policía defiende su actuación en el desahucio de Maricarmen: "Nos limitamos a cumplir una orden judicial"