INVESTIGACIÓN FORESTAL
Los jóvenes juzgados por quemar montes en Trives lo hacían “por aburrimiento”
Unha mañá soleada recibía a máis dun cento de persoas, que se daban cita na Praza do Pilón de Trives, preparadas para participar na novena edición da “Andaina do Chourizo”, organizada polo Clube Montaña Trives.
Ás 10,00 horas, o grupo partiu desde a Praza do Pilón con destino a Santa María de Trives, pasando por Sas, Pena Folenche, San Mamed e culminando en Vilanova. Este itinerario ofreceu a oportunidade de explorar lugares históricos e mesmo ascender ao mirador da Pena Folenche para disfrutar de vistas panorámicas.
Desde o clube remarcaron que “é unha actividade que ten moi boa acollida, e cada ano crece un pouco máis, este ano veu xente ata de Portugal, Ponteareas e Baiona. Aínda que o maior número sempre é de veciños triveses”.
Cando o grupo chegou a Vilanova, para finalizar a xornada, agardábaos unha parrilla con chourizos asados e bica, seguindo a tradición da Festa do Chourizo que se celebra na noite de San Blas en Vilanova.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INVESTIGACIÓN FORESTAL
Los jóvenes juzgados por quemar montes en Trives lo hacían “por aburrimiento”
NUEVAS ESTRUCTURAS
El poblado galaico-romano de Mouruás sale, tras siglos, a la luz
1,4 MILLONES
El GDR Sil-Bibei-Navea impulsará 36 iniciativas
Lo último
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Ministros ninja
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 26 de noviembre
muy presente en la provincia
Ourense planta cara al maltrato en el 25-N