Lois Blanco Araúxo: “Para min os sitios onde estás a gusto sempre son casa, e vir a Trives é casa”

ENTREVISTA

O director de teatro de Santiago de Compostela, Lois Blanco Araúxo, chegou a Trives para facer prácticas no instituto e converteuse no seu sitio favorito

Lois Blanco en Trives.
Lois Blanco en Trives.

Lois Blanco chegou a Trives a facer as prácticas no instituto da localidade e grazas a esa estancia na vila, este director de teatro pronto fixo pandilla de amigos no lugar e non dubidou en marcar este punto da montaña ourensá como un dos seus destinos elexidos para veranear presumindo de lugar entre os seus amigos.

Perfil

Nome e apelidos

Lois Blanco Araúxo

Data de nacemento

4 de marzo de 1988

Estudos

Comunicación audiovisual e dirección de teatro e Historia da arte

Profesión

Director de teatro

Trives apareceu na súa vida de xeito laboral e elíxeo para pasar días no verán, que significa retornar a este lugar?

Para min significa dúas cousas: a sorpresa de ver moita xente e todos os bares cheos, e poder estar sen chaqueta, algo que non coñecía, e ao mesmo tempo o sentir estar en casa.

Que é Trives para vostede?

Empezou sendo un misterio que quería descubrir e non acabo de entender eu ese misterio de querer saber o bo ambiente que aquí se vive. Fun a descubrir un tesouro, e vin que Trives ten maxia, moito é porque ten unha xente fantástica que lle pon moito amor ás cousas e o fai tan especial.

Las frases

“Eu viviría aquí todo o ano, é algo que si podo si que o farei”

“Cambiaría que non houbera tantos días de frío no inverno, pero iso non podo”

“Trives é moi famliar e ten moita xente no verán”

Esta vila enganchouno e sempre presume desta terra terra, gústalle aos amigos que trae?

A verdade é que lles gusta moito. Leveinos coa idea de ensinarlle un sitio tranquilo, pero atoparon máis xente da esperada, e iso que segue sendo un sitio onde atopar tranquilidade e podes aparcar sen problemas, onde sempre hai un sitio na terraza.

Foi fácil integrarse e segue mantenendo amizades, como son esas voltas?

Integrarme foi moi fácil en Trives, aínda que sexa unha vila pequena, hai moita apertura á xente nova que poida vir e aportar. Manteño as amizades. Retornar é distinto, vendo outra parte deste cosmos, pero moi bonito.

Que lle aportan as vacacións en Trives?

As vacacións en Trives son singulares, distintas. A xente busca ou praia ou montaña, pero esta zona é moito máis que unha soa desas cousas. Para min, por exemplo, ir a Chandrexa de Queixa, gozar do seu encoro é xenial, non teño aglomeracións, e hai unha “medio praia” que ten inchables.

O mellor e o peor de Trives

O mellor é a súa xente: unha porcentaxe alta de xente fai un montón de cousas, como os da Caniceira. O peor, aínda que soe a tópico, é que está moi lonxe, pero tamén ten o seu encanto.

Contenido patrocinado

stats