NUEVAS ESTRUCTURAS
El poblado galaico-romano de Mouruás sale, tras siglos, a la luz
MELLORAS CUNETAS
O Concello de Manzaneda finalizou nestes días pasados diversas obras de mellora nos accesos a núcleos rurais, enfocadas na seguridade e funcionalidade das infraestruturas viarias. Entre as intervencións destaca o acondicionamento das cunetas e o mantemento do firme no camiño de acceso a San Pedro, así como no primeiro tramo de 400 metros dende A Corredoira ata o entronque coa estrada provincial.
Este mércores realizouse a cata de control de calidade para verificar o espesor e a composición da mestura bituminosa utilizada nos traballos.
Estas actuacións foron adxudicadas por un importe de 26.082 euros no marco do Plan de Mellora de Camiños Municipais de Agader 2024-2025. Con este mesmo plan, na anualidade 2025, acometerán melloras nos accesos ao núcleo de Bidueira, ampliando o alcance das actuacións no municipio, tal e como sinalan desde o consistorio.
Ademais, concluíron traballos de mellora nas cunetas e no firme no tramo entre Borruga e Placín, cun investimento de 49.900 euros financiado polo Plan Cooperou 2024. Con estas intervencións, o alcalde Amable Fernández, afirma que “tentamos reforzar o acondicionamento das infraestruturas nos pobos do concello, mellorando a seguridade dos nosos veciños”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NUEVAS ESTRUCTURAS
El poblado galaico-romano de Mouruás sale, tras siglos, a la luz
1,4 MILLONES
El GDR Sil-Bibei-Navea impulsará 36 iniciativas
DEL 6 AL 8 DE OCTUBRE
Cita con las setas en Trives
TRADICIÓN Y FÉ
Música y devoción en el Rosario de As Ermidas, en O Bolo
Lo último