NUEVAS ESTRUCTURAS
El poblado galaico-romano de Mouruás sale, tras siglos, a la luz
XIII EDICIÓN
O Concello de Chandrexa de Queixa está inmerso na organización da Festa do Cordeiro, que xa chega á súa décimo terceira edición. O evento abrirase o sábado, 31 de agosto, ás 12:30 horas coa degustación gratuíta de cordeiro ao espeto para todos os que se acheguen ao patio do colexio en Celeiros. A sesión vermú será animada polo dúo Silo e Carlos e ás 14:30 horas comezará o gran xantar da Festa do Cordeiro, coa animación da Charanga Nova Trives.
O menú incluirá empanada de iscos, pementos, cordeiro ao forno, bica, viño, café e licores. Xa pola tarde, Xilo e Carlos volverán a animar o campo da festa desde as 18:30 horas, seguidos da orquestra Gran Parada. Ás 20:30 horas, coa chegada do solpor, será o momento da pancetada, onde todos os asistentes poderán gozar dun anaco de panceta asada mentres a festa continúa. A celebración prolongarase ata altas horas da madrugada coa música de Disco Móvil Space.
As entradas para a festa teñen un custo de 17 euros para adultos e 8 euros para rapaces, e poden reservarse no teléfono 616 046 987 ou en diversos locais de Queixa, Caldelas, Trives ou Montederramo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NUEVAS ESTRUCTURAS
El poblado galaico-romano de Mouruás sale, tras siglos, a la luz
1,4 MILLONES
El GDR Sil-Bibei-Navea impulsará 36 iniciativas
DEL 6 AL 8 DE OCTUBRE
Cita con las setas en Trives
TRADICIÓN Y FÉ
Música y devoción en el Rosario de As Ermidas, en O Bolo
Lo último