RUMBO A SANTIAGO
El Camiño de Inverno, ruta para emprendedores
O instituto de secundaria do Barco de Valdeorras Martaguisela participou este pasado curso nun proxecto de innovación educativa lingúística, resultando seleccionado entre os oito centros destacados pola Xunta para recibir un recoñecemento polo seu traballo.
As propostas gañadoras resaltaron por ser innovadoras para o fomento do uso da lingua galega entre a mocidade, para elo a comisión de selección tivo en conta o “seu interese educativo, da súa contribución ao incremento do uso da lingua, á eliminación de prexuízos lingüísticos entre a comunidade educativa e a posta en valor do galego como lingua de interese e con proxección de futuro para a mocidade”.
O centro valdeorrés foi o único centro seleccionado da provincia de Ourense e así mesmo as propostas específicas de atención á diversidade e as medidas para fomentar os valores democráticos, en especial a igualdade, entre outros criterios.
Como recoñecemento ao seu premio á innovación educativa, o centro recibirá unha dotación económica de 2.000 euros, e o profesorado implicado, terá unha certificación cunha equivalencia de 30 horas de formación do profesorado para o coordinador e de 20 horas para os profesores participantes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RUMBO A SANTIAGO
El Camiño de Inverno, ruta para emprendedores
FAMILIAS E INTELIGENICA ARTIFICIAL
Los concejales de PP y BNG de Valdeorras votaron juntos dos mociones
NUEVA MOVILIZACIÓN
Nuevas protestas en demanda de neumólogo en Valdeorras
Lo último
RECORD DESCARGAS ELÉCTRICAS
Este domingo cayeron en España más de 83.000 rayos
movilidad laboral
La sanidad privada redefine el mapa de la movilidad internacional