Iris Gey López: “Cantar nas ermidas as cantigas das nosas raíces literarias é para min un luxo”
ENTREVISTA
Iris Gey López é unha mestra e cantante de Valdeorras, con Xoan Curiel en “Treides Comigo”
Valdeorresa por elección, e despois de tres anos na comarca, veciña das que se contan no padrón, Iris Gey López é unha mestra de Lingua, Literatura e Música de Secundaria, cuxo destino levouna a exercer ao CPI Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo, en Carballeda. Nacida na Coruña, hoxe comparte a súa faceta de cantante, presentando o disco que comparte co seu mellor amigo e compositor Xoan Curiel. Xuntos, sacaban á luz no 2022, “Treides Comigo”.
Fálanos de “Treides Comigo”…
Xoan Curiel e mais eu puxemos en marcha un proxecto que foi auspiciado polos fondos Xacobeo da Xunta de Galicia. É o seu séptimo traballo discográfico, él é o compositor da maioría das cancións, eu son cantante. O que fixemos foi poñer música moderna a cantigas medievais galego-portuguesas e desde o periodo trovadoresco, do século doce ao catorce, musicalizamos cantigas da nosa literatura. “Treides” significa “vide”, é dicir, “vide comigo”.
En verán, poderemos escoitalo nas Ermidas…
Tivemos a sorte de cantar nalgunhas igrexas, coma a de San Xoan de Moraime, en Muxía, e a acústica nas igrexas sempre é maravillosa. Poder facelo nas Ermidas é un luxo, o 3 de agosto cantaremos nun esceario maravilloso que non é do mesmo século pero dalle ese ambiente “medievalesco”. Na zona de Valdeorras estamos facendo cousas porque son profe aquí e quero presentar o traballo aquí.
Por iso puidemos escoitarvos na Biblioteca do Barco…
Xoan fixo unha adaptación do seu traballo aos nenos, e presentámolo polas Letras Galegas na Biblioteca do Barco.
Que vai primeiro, a ensinanza ou a música?
A ensinanza vai primeiro, meus pais son profesores, levoo no sangue. Sempre dixen que de maior quería ser profesora e cantante. E cumpriuse. Tamén escribo, gañei premios de literatura, porque me gusta escribir. É certo que escribir e cantar é un sistema de liberación. E teño a sorte de poder facelo desde que coñecín a Xoan en 2007, cando sacou o seu primeiro disco. Hoxe é un dos meus mellores amigos.
Como vos encontrástedes?
Eu vivín toda a miña vida na Coruña. Vin un cartel que buscaban cantante para facer coros. Xoan buscaba publicar o seu primeiro disco “Nai”, e me presentei, coñecino. Logo, no 2020, sacou un disco dedicado a Antón Fraguas cando lle deron as Letras Galegas, “Canta miña terra, canta”. Empezamos a cantar facendo espectáculos, as cantigas ían medrando e sacamos o disco que foi moi premiado e está dando moitas alegrías.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
REGULARIZACIÓN DE MIGRANTES
El Gobierno desmonta los bulos sobre el proceso de regularización de migrantes en España
VISITA AL VATICANO
Pradales se reunirá con el Papa el 13 de mayo en el Vaticano