Llamada a la tranquilidad ante la tuberculosis

El Concello barquense insiste en que las pruebas realizadas forman parte del protocolo

El Concello de O Barco hace un llamamiento a la calma ante la inquietud suscitada por las pruebas de detección de la tuberculosis realizadas ante un caso diagnosticado en la zona escolar.

LR

Publicado: 07 may 2009 - 12:35 Actualizado: 10 feb 2014 - 23:41

El teniente alcalde de O Barco y tutor del Instituto Martaguisela, Eduardo Ojea, realizó un llamamiento a la tranquilidad de la población, ante la alarma originada por el caso de tuberculosis detectado en una sala de juegos, cuyo paciente fallecía posteriormente en Ourense.

El concejal indicó que las pruebas realizadas a 400 escolares y vecinos por la Unidade de Tuberculose del Complexo Hospitalario de Ourense únicamente obedecen al protocolo establecido para cuando se detecta la enfermedad. “Es una medida de profilaxis” que sólo afecta a quienes frecuentaban el local recreativo.

REALIDADES SOBRE A TUBERCULOSE

¿Que é a tuberculose?

A tuberculose é unha enfermidade infecciosa e contaxiosa causada por unha bacteria chamada Mycobacterium Tuberculosis (ou Bacilo de Koch). Aínda que pode danar calquera parte do corpo, a maioría das veces afecta aos pulmóns, e pode ser grave e mesmo mortal se non se trata correctamente.

¿Como se propaga?

A tuberculose transmítese de persoa a persoa, a través do aire. As bacterias atópanse nos pulmóns das persoas enfermas e, cando estas tusen, espirran ou falan, expulsan ao aire bacilos da tuberculose. Se as persoas que están arredor do enfermo os inhalan, chegan aos pulmóns, onde quedan aloxados. Normalmente as persoas que se contaxian son as que pasan máis tempo co enfermo, como familiares, amigos e compañeiros de traballo. Esta enfermidade non se transmite nunca por utilizar obxectos como pratos, vasos, sabas, etc. Se non reciben tratamento, as persoas con tuberculose poden infectar a unha media de entre 10 e 15 persoas.

¿Como é a enfermidade da tuberculose?

Cando os bacilos da tuberculose chegan aos pulmóns, se as defensas do organismo son boas, créase como unha parede arredor deles, 'encerrándoos', e poden permanecer aí moitos anos e mesmo toda a vida, en estado inactivo, sen chegar a causar a enfermidade; esta situación coñécese como infección tuberculosa.

Pero as persoas infectadas poden enfermar se os bacilos da tuberculose vencen ás defensas: rompen a parede defensiva e danan os pulmóns ou calquera outro órgano do noso corpo. Se as persoas que están enfermas non se tratan de forma correcta contaxian os demais.

Un enfermo de tuberculose pode ter calquera dos seguintes síntomas: tose, expectoración (ás veces, esputos con sangue), febre, suoración, cansazo e perda de apetito. O primeiro síntoma adoita ser a TOSE. Unha tose persistente, de máis de dúas semanas, debe provocar unha consulta co médico.

¿Que hai que facer par curarse?

A enfermidade cúrase seguindo correctamente tratamento:

*Seu médico indicaralle un ciclo completo de medicamentos antituberculosos, baixo observación; é absolutamente necesario tomar as pastillas todos os días, durante o tempo que indique o médico (este tempo nunca será menor de seis meses).

*Facer ben o tratamento, con periódica supervisión, é unha garantía de curación.

*Ao principio do tratamento séguense eliminando bacilos ao tusir; por iso é necesario un período de dous ou tres semanas de ILLAMENTO, que se realiza no domicilio do paciente: consiste en permanecer o maior tempo posible no seu cuarto, procurando que está ben ventilada, e sen recibir visitas. Hoxe en día non é necesario ingresar nun hospital.

Esta enfermidade é contaxiosa, e polo tanto non afecta só á saúde dos enfermos senón que tamén afecta á saúde pública. As Leis Sanitarias consideran o illamento forzoso daqueles pacientes que non realicen o tratamento de forma correcta.

¿Como se prevé a tuberculose?

As medidas efectivas para previr esta enfermedidade son:

*Diagnóstico rápido: se vostede ten TOSE que dura máis de dúas semanas, debe consultar ao médico.

*Tratamento correcto dos enfermos, ata a completa curación, para evitar que transmitan a enfermidade.

*Estudio dos contactos: un 'contacto' é unha persoa que se relaciona cun enfermo de tuberculose; cando esto sucede é necesario acudir ao médico para decartar que contraera a infección ou a enfermidade. Se está infectado pero non enfermo, nalgúns casos pode ser necesario realizar un tratamento preventivo ou profiláctico.

¿Que é a Unidade de Tuberculose (UTB)?

É a Unidade de Prevención e Control da Tuberculose, dependente do Servizo de Pneumoloxía do Complexo Hospitalario de Ourense. É a unidade de referencia para as actividades clínicas en relación cos enfermos tuberculosos e os seus contactos.

Situación: Centro de Consultas de Especialidades, c/Concello, nº 13, 1º andar, portas 11 e 12.

Teléfono: 988 385793

E-mail: utb.chou@sergas.es

INFORMACIÓN FACILITADA POR EL SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

Contenido patrocinado

stats