RUMBO A SANTIAGO
El Camiño de Inverno, ruta para emprendedores
Os poetas da Ribeira Sacra amosan a súa obra en A Rúa
A poesía e o viño danse cita hoxe nunha adega de A Rúa: A Coroa. A promotora é a poeta ruesa Rosa García Machado, que convocou aos seus compañeiros no grupo de poetas de A Ribeira Sacra, nun encontro ao que poderán asistir por primeira vez todos os afeccionados ás letras.
Como xurdiu a idea de organizar un encontro poético nunha adega?
A decisión xurdiu hai tres anos, nunha reunión que promoveu o mestre de Montefurado (Lugo) Pepe Pol. A partir de aí empezamos a visitar a concellos ata contactar, hai dous anos, coa alcaldesa de Sober (Lugo), quen nos apoiou.
Quen constitúe o colectivo?
Somos 18 membros, a maioría de Monforte e Sober, e non temos ningunha axuda. Cada un de nós pon do seu peto os cartos para os gastos.
Con que obxectivo organizaron o encontro de A Rúa?
O propósito é difundir a poesía e dar a coñecer as adegas da zona, neste caso as de A Rúa. Reunímonos cada tres ou catro meses e o Día das Letras Galegas imos a algún concello.
Non é chocante organizar un acto con poetas da Ribeira
Sacra nunha adega da Denominación Valdeorras?
Penso que non hai competencia entre as dúas denominacións de orixe.
Que momento atravesa a poesía na comarca?
A poesía é para as minorías. Cando nos xuntamos, normalmente somos máis os poetas que a xente que asiste. Nos encontros recitamos poemas, comemos e marchamos. Esta vez, propuxen facelo nun lugar aberto á xente e pensamos na adega A Coroa, de A Rúa. Será un día excepcional.
Que beneficios otorgan este tipo de encontros poéticos?
Aportamos moito a convivencia cos demais poetas. Nas reunións intercambiamos ideas ou cousas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RUMBO A SANTIAGO
El Camiño de Inverno, ruta para emprendedores
FAMILIAS E INTELIGENICA ARTIFICIAL
Los concejales de PP y BNG de Valdeorras votaron juntos dos mociones
NUEVA MOVILIZACIÓN
Nuevas protestas en demanda de neumólogo en Valdeorras
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 6 de octubre
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
El interés general
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 6 de octubre