IMPORTANTES AFECTACIONES
Galería | Inundaciones, carreteras colapsadas y desbordamientos por las lluvias en Valdeorras
TURISMO NA COMARCA
A Ruta do Viño de Valdeorras pon en marcha este outono a iniciativa “Percorre Valdeorras”, un programa de visitas guiadas que busca dar a coñecer entre veciños e visitantes o patrimonio histórico, natural e enogastronómico da comarca.
A proposta desenvolverase durante os meses de outubro e novembro, con prazas limitadas e servizo de autobús con recollida nas estacións de O Barco e A Rúa.
A primeira das rutas terá lugar o 11 de outubro e incluirá un percorrido polo Camiño de Inverno en Pumares, as rúas históricas de Sobradelo e Pontenova, a visita a Éntoma coa parada na Adega Roandi, unha cata nunha cova en Vilamartín e a torre medieval de O Castro.
A segunda cita está prevista para o 8 de novembro, cun itinerario que abrangue o Santuario das Ermidas, o castelo de O Bolo, a Ponte da Cigarrosa en Petín, a Adega Quinta da Peza en Fontei e os lagares romanos de Larouco.
As actividades desenvolveranse en horario de 10:30 a 19:00 horas e inclúen aperitivos en espazos emblemáticos como a Capilla Granja Escuela de O Bolo, a Rectoral de Seadur e o restaurante Paladium, ademais de catas comentadas con viños das adegas asociadas á Ruta do Viño.
O prezo é de 30 euros por ruta, e todas as visitas estarán dirixidas por un guía oficial de Galicia, especialista na historia e na tradición vitivinícola de Valdeorras.
As persoas interesadas poden obter máis información e formalizar a súa inscrición a través do correo electrónico info@rutadelvinovaldeorras.com, no teléfono 604 07 87 53 ou mediante o formulario dispoñible na web rutadelvinovaldeorras.com.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
IMPORTANTES AFECTACIONES
Galería | Inundaciones, carreteras colapsadas y desbordamientos por las lluvias en Valdeorras
PROYECTOS EN MARCHA
La fibra óptica se acerca al rural en Valdeorras
ARRASTRES DE LOS MONTES
La turbidez del agua en A Rúa repunta con las últimas lluvias
TARJETAS PREPAGO
Valdeorras incentiva el consumo de proximidad
Lo último
"RESPUESTA INMEDIATA"
Más de mil migrantes llegan a El Hierro en solo dos días
ELECCIONES 29-N
Feijóo: “Lo que se necesita es decencia, ambición y gestión”