A Xunta expedienta a unha residencia do Barco de Valdeorras
POLÍTICA SOCIAL
A consellería de Política Social detectou “deficiencias” na última inspección da residencia Nuestra Señora de Fátima de O Barco de Valdeorras e abriu un expediente
A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia observou “deficiencias” no funcionamento da residencia de maiores e centro de día Nuestra Señora de Fátima, ubicada no Barco de Valdeorras, na última inspección periódica que se levou a cabo, o pasado mes de xuño. A raíz desa inspección e das eivas atopadas, a Consellería instou á dirección do centro a corrixilas de “inmediato”, e abriulle un expediente que nestes momentos continúa aberto e en curso.
Neste senso, o sindicato CIG lamentou onte que a residencia continúa “aberta e funcionando” malia ter sido sancionada por “maltrato e neglixencias”.
Segundo relata a central sindical, o centro barqués xa fora sancionado cunha multa de 38.000 euros por “graves irregularidades”, entre as que se inclúe a “falta de alimentación axeitada”, así como a “retención ilegal dun usuario”, detalla o sindicato.
Confirmado pola Xustiza
Ademais de todo isto, a CIG tamén salienta que as inspeccións realizadas entre 2019 e 2020 “puxeron de manifesto un cúmulo de deficiencias no centro, que foron confirmadas polo Tribunal Superior de Xustiza (TSXG).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNA CARRERA SOLIDARIA
El deporte de Valdeorras une fuerzas contra el cáncer
INCENDIOS FORESTALES
Los dueños de castaños de Valdeorras exigen un trato justo contra el fuego
Lo último
10.178.625 MAYORES EN TOTAL
España supera los 10 millones de personas de más de 65 años, el 20,7% de la población total
TRAYECTORIA LITERARIA
La escritora española Cristina Fernández Cubas gana el Premio Cervantes 2026