Verea exalta a figura de Elías Valiña no Camiño de San Rosendo
CAMIÑO DE SANTIAGO
O alcalde do concello, José Antonio Valado, falou na presentación do espazo dedicado a esta figura da importancia que hoxe ten o Camiño
Elías Valiña (1929 - 1989), o crego do Cebreiro que creou as frechas amarelas que sinalan o Camiño e un dos responsables do rexurdimento das peregrinacións a Santiago, conta dende onte cun espazo dedicado á súa figura no Concello de Verea, en pleno Camiño de San Rosendo.
O alcalde, José Antonio Valado, falou na presentación da importancia que hoxe ten o Camiño, e como Verea, xunto cos demais concellos implicados no Camiño de San Rosendo, seguirán loitando para que este sexa recoñecido. Nese senso, sobre Valiña afirmou que “ademais de ser un crego, era consciente que se non revitalizaba o Camiño, O Cebreiro sería un deserto como son hoxe tantas aldeas, lugares que se reviviron grazas ao Camiño”.
A xornada incluíu a estrea da curta documental “Elías Valiña, o inventor das frechas amarelas”, dirixida polo cineasta Aser Álvarez, quen afirmou que “a capacidade que ten o Camiño para mobilizar xente é inmensa, sempre que se faga de forma sustentable. O propio Valiña tería sido moi crítico con que se primase a cantidade de visitantes fronte á calidade, como acontece agora”.
Visita guiada
Por último, os asistentes desfrutaron dunha visita guiada á exposición “Os camiños de Elías Valiña”, realizada a partir das diapositivas da cámara do párroco do Cebreiro, e que se poderá visitar no Concello ata o Nadal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
APOYO A LA RESIDENCIA Y EL POLIDEPORTIVO
Más de un millón de euros de inversión para impulsar el desarrollo de Verea
Lo último
DENUNCIA ADMINISTRATIVA
Intervenidos 146 kilos de cigala sin trazabilidad en un vehículo que partió del puerto de Cariño
TERMALISMO OURENSANO
Termas de Ourense de noche: Horarios y precios de Outariz y Prexigueiro en verano
"DÍA DA PROVINCIA"
O Campamento Urbano conquista sete concellos de Ourense