O arte provocador de Xosé Rivada regresa a Verín cunha nova exposición
“PENSAMENTOS FUXIDOS”
A Sala de Exposicións de Verín acollerá dende o vindeiro luns 12 e ata final de mes unha selección de 20 pezas do artista escultopintor Xosé Rivada (San Cosmede, Ferreira de Pantón, 1953)
Esta escolma “persoal”, organizada con motivo da Semana das Letras Galegas do Concello de Verín, está formada por pinturas, esculturas e escultopinturas de Xosé Rivada (San Cosmede, Ferreira de Pantón, 1953), creador “incansable” afincado na vila do Támega, onde pasou parte da súa infancia na rúa Traviesa.
Posteriormente viaxou e viviu en medio mundo, especialmente en México, que deixou nas súas creacións unha forte pegada latinoamericana, tanto nas cores, coma nos referentes e nas formas.
Baixo o nome “Pensamentos Fuxidos”, Rivada busca como sempre coa súa arte transmitir unha “crítica” sobre a realidade, sen esquecerse de provocar. “Sempre tratei de provocar, busco que a xente esperte. A nova xeración precisa que lle dean algo, provocación, para que a rapazada bote a funcionar. Non che poden dar todo feito”, asegura con coñecemento dende o seu estudo en Verín.
Todos aqueles que se asomen á súa nova mostra poderán desfrutar de seguro dalgún dos seus cigarróns, un personaxe que protagoniza moitas das súas obras e que é unha constante para Rivada, que o considera o seu “deus”.
Inauguración
A inauguración de “Pensamentos Fuxidos” terá lugar o luns, 12 de maio, ás 19,30 horas. A partir de aí podera visitarse no espazo expositivo verinense de luns a venres, en horario de 9,30 a 14,30, e de 16,30 a 19,30 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIN CARNET, ITV NI SEGURO
Detienen a la conductora que se dio a la fuga tras arrastrar un agente en Verín
Lo último
20ª EDICIÓN
A Festa dos Foros de Seixalbo
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 27 de junio?