Verín exaltará ás cantareiras cunha semana de actos polas Letras Galegas
DÍA DAS LETRAS
O programa do Concello de Verín con motivo das Letras Galegas arrancará o sábado 10 cunha foliada e rematará o 18 cunha gala músico-literaria
A vila do Támega presentou a súa programación polo Día das Letras Galegas, dedicadas este ano á cultura popular, na figura das cantareiras, e a diferenza do que viña sendo habitual, con homenaxes a persoeiros da literatura. Así, do 10 ao 18 de maio haberá unha semana de música, exposicións, palestras, teatro infantil e certames poéticos.
Samanta Barreira, concelleira de Cultura, salientou que “pomos en valor o papel fundamental das cantareiras na preservación da nosa lingua e cultura, cunha programación que combina tradición e innovación”.
Tamén fixo fincapé en visibilizar a actividade cultural do tecido asociativo feminino do territorio: “As nosas agrupacións e asociacións de mulleres rurais levan décadas mantendo viva a nosa identidade coa música, o baile, a palabra ou a solidariedade”.
A “trisca”, primeira cita
O sábado 10 haberá unha “trisca”, o termo propio da comarca para as foliadas, ás 17,00 horas na Preguiza. Un encontro de grupos e asociacións da comarca (Candaira, Silverias do Támega, As Travesas, As Torgueiras, Os Trouleiros, e diversas asociacións de mulleres rurais) que encherán o espazo de música tradicional, xogos populares e un obradoiro de baile. Ás 21 00 horas, o grupo Ailá ofrecerá un concerto que mesturará música tradicional galega coas novas sonoridades.
O luns 12, ás 19,30 horas, inaugurarase na sala de exposicións a mostra “Pensamentos Fuxidos”, do artista Xosé Rivada. O día seguinte, ás 20,00 horas, no Auditorio, haberá unha audición de conxuntos instrumentais do alumnado do Conservatorio.
O 15 de maio, ás 20,30 horas, a Casa da Cultura acollerá a palestra “Metendo as mans na terra”, do recoñecido músico e investigador Xabier Díaz, na que contará a súa experiencia nas recollidas de cancións populares e o proceso creativo de reinterpretación desa memoria sonora.
Xornada infantil
O venres, 16 de maio, terá lugar pola mañá “Os coles cantan” na praza García Barbón, onde máis de 600 cativos dos colexios Amaro Refojo e Princesa de España interpretarán cancións tradicionais. Pola tarde, na biblioteca, a compañía Galitoon Teatro presentará “Os Descontacontos”, un contacontos con monicreques.
O propio 17 de maio, ás 18,00 horas, a Casa da Cultura acollerá o teatro infantil “Castelao. Un corazón á intemperie”, de Fantoches Baj.
Finalmente, o domingo, ás 11,30 horas, no Auditorio, celebrarase a gala músico-literaria das Letras Galegas, coa entrega dos premios dos Certames de Poesía “Xosé Carlos Caneiro Pérez” e de Relato Curto “Antonio Fernández”, convocados polo Concello.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
TENSIÓN EN ORIENTE PRÓXIMO
Irán plantea reabrir el estrecho de Ormuz en siete días si EEUU acepta sus condiciones