CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio
PAPPAQUINO
Nun momento en que a nivel de márketing pensamos que xa o tiñamos visto todo, o músico verinense emerxente Joaquín “Xocas” Limia, coñecido artisticamente como Pappaquino, acaba de sorprender co formato escollido para a publicación do seu novo EP (disco sinxelo) “Esta pago eu”.
Amante da pesca no río Támega da súa vila natal, o artista de Ábedes pensou en crear unha edición numerada e limitada de 100 “pinchos” USB, en forma de colgante, agochados no interior dunha lata de conservas, coma se de mexilóns ou de anchoas se tratara.
Segundo Pappaquino, a acollida desta lata-álbum está a ser “excelente”, e practicamente xa ten vendidas tódalas unidades. Aínda que non o pareza, todas están “feitas manualmente na casa, dende o enlatado ata a copia dos arquivos nos USB e o serigrafiado”, afirma o músico, que tivo a idea de “mercar as lastas e facer algo distinto”.
O pendrive non só inclúe os seus temas máis coñecidos, como “Onde tas?” ou o tributo ao Entroido de Verín “Namoreime de ti”, senón que ademais incorpora tres singles inéditos, videoclips e tomas falsas.
Tras darse a coñecer no Extruga Festival de Verín do ano pasado, “Xocas”, como o coñecen os amigos, ten ante si un 2025 cheo de datas. O pasado entroido foi a estrela do Venres de Compadreo, cunha actuación na rúa Irmáns Moreno que congregou a moita xente. Este mes participou en Santiago xunto con ULEX e o limiao Kid Mount na final de novos valores do Festigal.
Por diante, actuacións en Pantón, no Extruga e en Arzúa, así como nalgúns eventos por desvelar, nos que deleitará coa súa fusión de letras en galego, música electrónica e o saxofón en directo, e sempre vestindo o pantalón do Cigarrón.
Joaquín compaxina a composición de novos temas como Pappaquino coa produción musical, baixo o selo “Cooking4theMomma”. Froito deste traballo incansable, está a piques de desvelar o seu estudo de gravación profesional, polo que xa teñen previsto pasar outros artistas ascendentes como silee.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio
riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
Lo último
LAS BANDAS DEL ESTE, EN ACCIÓN
Una banda asalta tres casas en solo dos horas en un pueblo de Allariz
REFLEXIONES DESDE LA DIÁSPORA
CODEU señala la falta de representación política de la diáspora española y su distanciamiento de los partidos