riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
FOMENTO DA CULTURA
A biblioteca pública municipal de Verín foi galardoada un ano máis co premio de animación á lectura María Moliner do Ministerio de Cultura. Na convocatoria de 2025 recibiron 2.777 euros polo proxecto “El presente del pasado: as curvas melódicas da fala”, que se plasmou na edición dun libro que recupera e divulga a esquecida tese lingüística do psicólogo e filósofo Eloy Luis André (Mourazos, 1878 – Madrid, 1935).
A obra rescata a figura dun pioneiro na investigación da psicoloxía moderna en España, e recompila e analiza o estudo orixinal de André sobre a melodía da fala nas linguas, incluída a galega, a través de fonogramas que representan graficamente o son de cada idioma.
O Concello de Vilardevós fixo posible a edición do libro, que asinan Aurora Prieto e Vicente Justo, responsables da biblioteca, e Víctor Freixanes, Patrick Feaster, Xosé Ramón García Soto e Miguel Losada, profesionais en distintos eidos.
O libro, presentado nun congreso nacional de psicoloxía en Valencia, busca “reescribir a historia da psicoloxía en España, xa que Eloy Luis André introduciu a psicoloxía moderna aquí, e o seu estudo foi o primeiro feito por un español”, afirma Vicente Justo.
Ademais, dende a biblioteca afirman ter un compromiso “co fomento, preservación e progreso da cultura, e nesa liña tentaremos continuar”.
O vigués Pedro Feijoo, escritor best-séller e amigo da biblioteca, que colaborou con el na súa última obra, “Onde nacen as bestas”, defínea como un “referente cultural do país”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
riesgo de desprendimientos
Dos personas hospitalizadas tras un incendio que obligó a desalojar un edificio en Verín
Lo último